Agua e saneamento

“POR UN MUNDO CON MELLOR PINTA , CON LEO TRABALLAMOS A AXENDA 2030 ”

Neste curso 2022/2023, o P.D.I. continuou co coidado do medio ambiente e , polo tanto ,  traballamos diversas áreas para favorecer un mellor estado do noso planeta. Sen embargo a temática neste curso para os alumnos de 3º curso  centrouse no  VALOR DA AUGA ( ODS 6. AGUA  E  SANEAMENTO ) para o noso  planeta.

Garantir a dispoñibilidade e a xestión sostible da auga e o saneamento para todas las persoas.

A  garantía do subministro de agua en cantidade e  en calidade suficientes é fundamental para el desenrolo da sociedade  e para a loita contra a pobreza e as enfermidades en calquera parte do mundo. O carácter transversal da agua fai que sexa un recurso fundamental para o desenrolo sostible a nivel económico, social e ambiental.

A agua é, polo tanto, unha realidade económica e un recurso imprescindible no mantemento dos ecosistemas, pero sobre todo é un dereito esencial para a vida e a dignidade dos seres humanos.

O grupo de 3º de Educación Primaria centrouse en diversas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente, para elo utilizamos diversos materiais entre os que se encontraron os seguintes:

Libros da hora de ler durante o curso escolar 2022/2023:

  • Cuentos para salvar el planeta. Anna Casals y Paolo Ferri,…
  • Por qúe debo ahorrar auga de Jen Green.
  • La niña que caminaba sobre el agua pero no sabía nadar de Francois Sarano.
  • Sin agua nada es posible de Christina Steinlein .
  • Había una vez una gotita de lluvia de Judith Anderson .
  • El niño que domó el viento de William Kamkwamba y Brian Mealer.

Número de sesións: Unha por quincena.

Temporalización:

  • Durante todo o curso en sesións de 50 minutos.

Metodoloxía:

Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno fose capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.

Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea:

O desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á Competencias sociais e cívicas xa que llos diferentes coñecementos que desenvolvemos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotoulles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.

Obxectivos xerais:

  • Valorar a auga como un recurso necesario  e imprescindible para o noso planeta
  • Tomar conciencia da necesidade da auga como recurso limpo e accesible a todas as persoas.
  • Obter acceso igual de   todas as persoas á auga potable.
  • Mellorar a calidade da auga reducindo a contaminación nas augas e aumentando a reciclaxe  da mesma.

Obxectivos específicos:

  • Coñecer o ciclo da auga.
  • Tomar conciencia da necesidade e coidado da auga
  • Reflexionar sobre como podemos contaminar a auga.
  • Tomar conciencia da escaseza da auga.
  • Identificar forma de aforrar auga.
  • Comprender como podemos protexer a uga como recurso.
  • Realizar unha acción de coidado do medio ambiente que podamos compartir co resto da contorna educativa e comunitaria.
  • Recoñecer a importancia de protexer os recursos no planeta que habitamos.
  • Comprender as consecuencias que ten a explotación excesiva dos recursos naturais no medio ambiente.
  • Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.
  • Desenvolver unha posición crítica e participativa con respecto ao noso modelo de consumo, a relación coa natureza e a utilización sostible dos recursos naturais.
  • Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias

Contidos:

  • Diferentes apartados:
  • ACCESO Á AGUA POTABLE.
  • ACCESOS A SERVIZOS DE SANEAMENTO E HIXIENE.
  • CALIDADE DA AGUA. CONTAMINACIÓN E AUGAS RESIDUAIS.
  • USO EFICIENTE DE RECURSOS HÍDRICOS
  • Os elementos da natureza.
  • O medio ambiente: coidado, explotación, biodiversidade,..
  • O modelo de consumo responsable.