O día 24 de outubro, o noso compañeiro de lecturas e actividades na biblioteca do cole, LEO, decidiu que despois de tantos anos axudando e guiándonos polo mundo das Bibliotecas Escolares, xa era tempo de marchar e deixar o posto noutras mans.
O mesmo LEO nomeou ao seu sucesor, SUPERLEO, un superheroe ou superheroína, cadaquén que elixa. O sucesor amosou por LEO moito agarimo, o mesmo que todos/as os/as que estabamos na biblioteca.
E se alguén pensaba que LEO ía pasar os seus días de ben merecido descanso sen facer nada, ..., trabucouse!
Xa montou un Club de Lectura, algo distinto dos que temos en marcha no cole. No club de LEO só hai dous membros: LEO e a súa e nosa benquerida e sempre lembrada ABUELA MIMÍ.
Cantas risas botarán os dous elixindo libros novos ou volvendo a ler os vellos libros de sempre. E estamos seguros que por un buratiño disfrutarán ollando as actividades e as novidades da biblioteca escolar do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro.
Moitos bicos para os tres, e a nosa das mellores benvidas a SUPERLEO.