Partimos da colección “Nuestro Planeta está en peligro” que consta de tres contos: “Nanook aventura en el Ártico”, “Toco la selva herida” e “Sathu un paraíso inundado”. Tres historias para sensibilizar aos nenos e nenas dos grandes problemas ecolóxicos actuais.
Traballamos cada trimestre un conto, facendo debuxos sobre cada un , preguntas sobre cada conto que se desenvolvía en paisaxes e ambientes moi distintos.
A continuación resumimos as principais actividades realizadas ao longo do curso sobre este proxecto:
- Cada clase de infantil elaborou unha árbore reciclando caixas de cartón , que vai cambiando segundo a estación.
- Primeiro foi un castiñeiro decorado con follas e castañas ,durante o inverno con luvas e copos de neve, e agora e unha árbore con flores de primavera que pintaron eles.
- Elaboraron contenedores con caixas de cartón pintándoas con distintas cores para reciclar as merendas que traen o cole.
- Aproveitando a festividade do Samaín fixeron monstruos e cabazas reciclando bricks de leite, e botella de plástico de auga.
- O Magosto celebrouse facendo xogos populares e os de infantil ademais de participar fixeron un tragacastañas cunha caixa de zapatos.
- Memorizaron a canción “Reducir, reciclar e Reutilizar” e gravamos un vídeo bailando e cantando todos os nenos e nenas de infantil, có símbolo da reciclaxe na cabeza .
- Para Nadal fixemos adornos para a árbore recortando e pintando caixas de cartón en forma de bola ca súa fotografía dentro que cada neno levou para súa casa cos traballos do primeiro trimestre.
- Aproveitamos tamén o día da Paz para traballar o conto de "Wangari y los árboles de La Paz” que foi un dos seus contos favoritos e fixeron debuxos sobre o conto. Máquina de sumar
- Para o entroido participaron recortando algunhas pezas do disfraz mais sinxelas que puidemos aproveitar con cachiños de goma Eva e outros materiais sobrantes de outros traballos e cursos inclusive, tamén decoramos as aulas cos anacos sobrantes do noso disfraz e fixemos antefaces con cartóns que re utilizamos do material do cole.
- Construímos sementeiros con distintas sementes e landras da sobreira que está o lado do Colexio e que recollían cando facíamos o “Móvete 15” ao redor do Colexio.
- Construíron instrumentos musicais, con materiais de desfeito como ovos kínder e rolos de papel hixiénico, e papeis de diversas texturas.
- Ademais para a primavera usando os rolos do papel hixiénico, fixemos flores pintadas de diversas cores, e ca súa foto para decorar a árbore do tempo. Unha colmea con panais, feito con unha caixa de cartón e diversos anacos de cartóns que re utilizamos, para traballar o proxecto do coñecemento do mundo das abellas, e para a actividade de traballar o coñecemento dos pintores ourensáns, no que fixemos as súas obras de arte, con cartóns, papeis de refugallo, pólas de árbores, carrabouxos, etc...
- Construindo flores para as abellas
- Por último, tamén realizamos un proxecto de investigación sobre as abellas.
Traballo do alumnado de 5º Ed. Infantil
Traballos do alumnado de 6º de Ed. Infantil