Durante o mes de abril de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo da eficiencia enerxética centrándose na redución da produción de dióxido de carbono e a redución do consumo para o cal nos centramos na plantación de produtos agrícolas na horta do CIFP Portovello.
- Traballo con conceptos relacionados coa redución do consumo e a produción de dióxido de carbono.
- O cultivo na horta escolar.
- As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
- Cultivo na horta do CIFP Portovello de produtos como: cebolas, leitugas, tomates, cenorias e fresas. Comprometémonos a axudar ao alumnado de 2º de Educación Primaria a coidar os produtos plantados realizando actividades como regar e retirar as herbas.
- Configuración dun horto propio na escola.
- Realización de carteis informativos sobre o beneficio de usar os hortos escolar.