Extratexias para unha busca segura en internet
Sáb, 06/02/2021 - 00:18 — admin
- Planifica ben o que queres buscar, tenta delimitar ben as palabras que poden transmitir o que realmente queres atopar
- Se queres atopar algo concreto o mellor é poñer a frase exacta, para isto pona entre “ “ exemplo: “Prevención de riscos na rede” “como axudar ao alumnado na rede”
- Se queres acortar o número de resultados, evita os espazos e emprega o signo + sen comiñas exemplo: prevención+riscos+rede
- Se o que queres é excluír algunha información emprega o signo - exemplo: prevención+riscos+rede -libros
- Se queres que a túa busca abranga varias alternativas emprega OR, exemplo: abuso OR adicción AND internet
- Se queres reducir a busca a contidos relacionados coa educación teremos que poñer “palabra/frase” site:edu exemplo: site:edu “vida de Einstein”
- Se o que buscas é a definición dunha palabra en vez de buscar nun dicionario na Rede basta con por “define:palabra” por exemplo define:emoción
- Asegúrate de que a páxina é segura, podes facelo revisando que conteña ao inicio HTTPS o s significa seguro
- Tamén é importante que vaia acompañada da imaxe do candado, e se fas clic enriba obterás a información sobre a seguridade do sitio