O 2021 é o Ano Internacional das Froitas e das Verduras e, aproveitando o tema da saúde na materia de Ciencias Naturais, o alumnado de 4º de Educación Primaria indagou sobre estes alimentos así como sobre os hábitos saudables da man das persoas amigas nosas chamadas Supersaudables.
Durante dúas sesións acudimos á biblioteca do cole para buscar información sobre a froita ou hortaliza coa que traballou cada alumno. Posteriormente, agrupamos esa información con fotos e debuxos e elaboramos un menú equilibrado.
Por último, expuxemos o traballo realizado ao resto da clase, e establecendo un debate sobre o tema.