Ao longo da semana anterior ao 8 de marzo, foron varias as actividades que realizou o alumnado do noso centro, nas súas clases, para conmemorar o 8 de marzo.
Cada clase pescudou información sobre mulleres galegas de diferentes campos e profesións. Cos traballos realizados elaboramos un calendario que imprimimos en papel para que ocupe un lugar destacado na nosa biblioteca e nos corredores do colexio.
Outra das actividades realizadas foi a creación dun gran mural baixo o lema "Podemos facelo" coas imaxes de todas aquelas persoas da comunidade educativa que desexaron participar nunha "pose" inspirada na ilustración de Howard Miller. Se premedes no cartaz teredes acceso a todas as imaxes do mural.
Asemade, nas aulas traballáronse outras temáticas en relación a esta data:
O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge.
No Día Internacional das Mulleres tamén quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.