O 20 de novembro o alumnado de 4º conmemorou o Día Universal da Infancia, que é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Con esta celebración pretendemos chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, sensibilizar sobre os seus dereitos e concienciar á xente da importancia de traballar todos os días polo seu benestar e desenvolvemento.
As Nacións Unidas celebran este Día Internacional do Infancia en homenaxe á aprobación da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas en 1959 e a Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas en 1989, o tratado internacional máis ratificado da historia.
O obxectivo do Día Universal da Infancia é recordar a todas as persoas que os nenos e nenas son o grupo máis vulnerable e, polo tanto, o que máis sofre de crises e problemas no mundo.
É un bo día para coñecer as diferentes formas de colaborar cos nenos e nenas máis vulnerables, para que se recoñezan os seus dereitos e garanta o seu benestar e desenvolvemento.
Na aula fixemos unha revisión dos dereitos da infancia e cada un de nos elaborou un slogan alusivo a un dereito.