Como no resto dos cursos do cole, este ano continuamos realizando a Hora de ler todos os días de 12:00 a 12:20.
A configuración da hora de ler estivo deseñada os luns e martes por Dna. Ana Baranda e os mércores, xoves e venres polos titores do curso.
Ao principio do curso adicamos algunha sesión a coñecer a biblioteca, os usos e normas que a rexen e o préstamo así como a recoñecer os elementos do libro: autor,título, ilustrador..etc.
Na clase traballamos a lectura empregando libros de lectura en galego e castelán, sempre tendo en conta o grao de dificultade das lectura e a capacidade de comprensión lectora que tiñan os nenos e nenas nese momento. Traballouse tanto a lectura individual como a colectiva.
Os obxectivos perseguidos foron os seguintes:
Para a súa consecución realizamos as seguintes actividades:
Traballamos lecturas que nos axudadron a coñecer e comunicar os nosos sentimentos e a respectar os sentimentos dos demais en relación ao PDI que se desenvolveu desde a biblioteca. Por iso, dedicamos o curso a traballar os valores e emocións, polo tanto os libros escollidos terán en conta esta temática.
Durante o estado de alarma continuamos traballando a lectura desde as casas de forma individual como se pode ver na seguinte entrada:
Ademais das actividades comentadas, tamén participamos nas actividades organizadas desde a biblioteca como pode ser a mochila viaxeira, contacontos, animación á lectura...