Ricardo Carvalho Calero (2020)

Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez (Seminario Galán)Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo.

Os seus primeiros estudos foron nun colexio da rúa Magdalena e despois no Colexio Sagrado Corazón de Xesús, dirixido polo escritor Manuel Comellas. Fixo o bacharelato por libre e trasladouse a Compostela a estudar na súa universidade.

Foi un gran defensor do idioma galego e membro do Seminario de Estudos Galegos onde coñeceu a Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas...

Traballou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color...

En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e, como profesor contratado, á universidade compostelá da que se converteu no seu primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

É autor de "Gramática elemental del gallego común" e de obras de teatro, poesía, novela e moitos estudos sobre a lingua e a literatura galega.

Defendeu a postura de que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.

Faleceu en Compostela no ano 1990.

Polo seu labor en defensa do idioma e cultura galega a Real Academia Galegas dedícalle o Día das Letras.

(Recuperado de Seminario Galán)

(Imaxe orixinal de Carlos Rodríguez)

VER RECURSOS EDUCATIVOS