Celebramos a semana da AMIZADE.
A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade.
Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!.
No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.
Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso.
Vémonos na próxima tolemia.
Un abrazo xigante.