O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou na Hora de ler o libro de titulado O dente de Clara de Ana Expóxito Valle.
A Clara, que aínda non fixo os oito anos, unha noite do mes de maio espertouna, de súpeto, unha voceciña: Afogo!..., afogo! Que afogo...! Era Pérez, un rato que levaba o enderezo equivocado para recoller un den te de leite, por iso está empeñado en arrincarllo a Clara. Dende aquel momento, comezarían para ela unha serie de complicadas aventuras.
Como actividade de animación á lectura deste libro, tamén, realizaron un obradoiro de papiroflexia no que aprenderon a construír paraugas e rás. Cos traballos realizados fixeron unha exposición no recanto de plástica da súa aula.