No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.
En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.
- Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
- Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
- Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
- Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
- Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
- Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
- Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.
Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos á aula.
En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:
- Dedicaron un tempo a seguir coñecendo a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
- Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
- Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
- Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
- Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
- Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
- Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
- Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
- Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
- Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
- Realizamos fichas de distintos libros.