O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI.
Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar.
Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
- Lemos o conto na clase adaptándoo os distintas idades pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.
- Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron os mais pequenos tanto para contar o conto como para describir as distintas personaxes.
- Debuxaron as personaxes principais os de cuarto de educación infantil pintáronnos e a medida que avanzou o curso tamén as debuxaron .
- Utilizamos tamén o libro “Fauna e flora Mariña” para coñecer onde vivía a Sereiña, os distintos peixes , aprenderon os seus nomes en galego e debuxáronnos. Os máis pequenos pintaron os máis coñecidos e sinxelos.
- Proxectamos na aula imaxes do autor e do país onde naceu “Dinamarca” coñecendo algúns aspectos de ambos. Os nenos e nenas de sexto de educación infantil tamén situaron e pintaron Dinamarca nun mapa de Europa.
- Os maiores da clase leron e escribiron os nomes das personaxes do conto e dos peixes que coñecemos a través do conto “Fauna e flora mariña” .
- Presentaron o seu proxecto a principio de curso, o dia das bibliotecas, cos demais nenos e nenas do Colexio cun baile que ensaiamos na aula da película “La sirenita” de Disney.
- Recortaron unha careta da personaxe” Sebastián” e unha diadema de flores para a presentación do proxecto.
- Axudaron a recortar algunhas pezas para o disfrace do Entroido do colexio as nenas de
- “Sirenita” e os nenos de rei “Tritón”.