O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots.
Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:
- Desenrolo da creatividade
- Comparar o seu esquema corporal co dos robots que construíron.
- Discriminación e trazo das letras que forman os nomes dos robots.
- Clasificar formas e tamaños das pezas que os forman.
Entre outras, relizamos as seguintes actividades:
- Escoller un robot e píntalo para o mural da porta.
- Decorar libremente con plastilina gomets…etc.
- Construír quebracabezas de robots.
- Recortar as formas xeométricas que os compoñen.
- Formar con letras recortadas o nome do seu robot e o dos seus compañeiros.
- Escoller e explicar que traballo poderá realizar para axudar os humanos.
- Facer con caixas o disfrace do entroido .
- Obra de teatro que representaron o día do libro.
- Guiñol “Quiero una mamá robot”.
GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO