A profe Jenny creou este vídeo titorial por se vos pode facilitar o traballo na aula virtual do centro coas vosas fillas e fillos:
AS CABAZAS DO SAMAÍN
O alumnado do Sinde e as súas familias enviáronnos as fotos das súas cabazas. Son terrorificamente marabillosas!
Velaí o vídeo no que as podedes ver:
Festivo local
Lembramos que o próximo mércores día 23 non haberá clases por ser día festivo local.
Comunicado da ANPA
Estimadas familias:
Dende a Anpa citania poñémonos en contacto con vós para comunicarvos que estamos xestionando a viabilidade e o funcionamento do comedor para facilitar a conciliación familiar durante este curso tan atípico
Para poder levalo a cabo precisamos un número mínimo de alumnos polo que solicitamos que aquelas familias que necesiten ser usuarias deste servizo se poñan en contacto coa secretaria da Anpa o máis axiña posible no telefono: 618 12 23 04.
Confirmación de matrícula
O prazo de confirmación de matrícula no centro abrangue desde o 1 ata o 10 de xullo ambos inclusive.
Para a mesma é preciso entregar en todos os casos:
- Impreso de formalización de matrícula: Pode recollerse no centro ou descargarse aquí.
- Certificado médico.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia das vacinas.
En caso de proceder doutro colexio debe achegar o Certificado de matrícula do centro anterior.
RECOLLIDA DE MATERIAL E BOLETÍNS, DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO
A próxima semana farase a entrega de material e boletíns para todo o alumnado e a devolución dos libros de texto fondo solidario dos cursos entre 3º e 6º de Primaria nas seguintes datas:
- Luns 22: 3 anos, 4º e 6º de Primaria
- Martes 23: 4 anos, 1º e 5º de Primaria
- Xoves 25: 5 anos, 2º e 3º de Primaria
Debe acudir só unha persoa adulta seguindo as medidas de seguridade habituais (distanciamento social, uso de máscara facial, hixiene de mans). Non é recomendable que acudan nenos e nenas para evitar aglomeracións.
Accederase ao centro pola porta principal e acudirase ás aulas de cada curso para a recollida de material e dos boletíns de cualificacións. A devolución dos libros de texto do fondo solidario realizarase na biblioteca.
A saída do centro efectuarase polas portas traseiras máis próximas á aula do alumnado.
MATRÍCULA 2020-2021
SOLICITUDES DE ADMISIÓN: Todo o alumnado que solicitou praza no centro foi admitido. No taboleiro de anuncios da entrada ao centro estará publicada a listaxe definitiva a partires do luns 15 de xuño (non é posible antes por motivos alleos ao centro). Prazo de matrícula do 1 ao 10 de xullo.
RESOLUCIÓN DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE)
IMPORTANTE!
Xa publicado na web do Ministerio de Educación e Formación Profesional a resolución das becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Para consultar toda a información, clicade no seguinte enlace:
Na sede electrónica poderedes consultar a concesión ou denegación da beca de maneira individual, pois non é posible visualizar as listaxes pola protección de datos.
FIN DE CURSO
INFORMACIÓN SOBRE O FINAL DE CURSO:
Entrega de notas:
- As notas serán publicadas en Abalar Móbil a partir das 9:00 do día 18 de xuño.
- Os boletíns serán entregados ás familias o mesmo día no que se entregue o material e se recollan os libros do fondo solidario.
Entrega de material escolar (o que quedou nas aulas), boletíns de cualificacións e devolución dos libros do fondo solidario. Para evitar aglomeracións, asígnanse os seguintes días para cada curso:
- Luns 22 de xuño: 3 anos, 4º e 6º de Primaria.
- Martes 23 de xuño: 4 anos, 1º e 5º de Primaria.
- Xoves 25 de xuño: 5 anos, 2º e 3º de Primaria.
Só debe vir unha persoa adulta e é obrigatorio o uso de mascarilla.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado
- (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros),
a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal - Poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.
Prazo de presentación:
-
O prazo de presentación de solicitudes está aberto e rematará o día 19 de xuño.
Formularios: estarán dispoñibles
- Na secretaría do centro
Documentacion:
En todos os casos, ademais da solicitude (Anexo I)
- Anexo II.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. *En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou
convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
De ser o caso:
- Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en
calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a
prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. - Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do
certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. - Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou
do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o
titor o titores carezan de DNI e NIE.
Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.
Devolución libros do fondo solidario do curso 2019-2020:
-
A devolución dos libros emprestados é requisito para a concesión de axudas para o próximo curso.
-
Indicarase no seu día o calendario de devolución.
As listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos serán publicadas no taboleiro de anuncios da entrada do centro e tamén se poderán comprobar na aplicación Fondolibros accedendo coa Chave365.
Ligazón ao resumo das instrucións elaborado pola Consellería
Adaptacións das Programacións Didácticas
Nas seguintes ligazóns están as adaptacións das Programacións didácticas para este terceiro trimestre:
As notas finais do curso sairán da media entre o 1º e o 2º trimestre, é dicir, do traballo presencial no centro. O traballo do 3º trimestre poderá contar para subir a nota do alumnado ou recuperar materias suspensas.
Matrícula no Conservatorio de A Guarda
Nestes intres está aberta a de reserva de praza para o curso 2020-2021 no CONSERVATORIO DE MÚSICA DE A GUARDA. Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva. Podes facela cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/
PRAZOS DE MATRÍCULA
Solicitude de admisión de novo alumnado en Educación Infantil e Primaria desde o 11 ata o 18 de maio. (O centro estará aberto desde as 9:00 ata as 14:00 horas)
A documentación a entregar é a seguinte:
- Impreso ED550B. (Pódese solicitar na secretaría do centro ou descargar aquí).
- Fotocopia da páxina do libro de familia na que aparece a nena ou neno.
- Fotocopia do DNI da/o menor (se o ten) e dos/as proxenitores/as ou persoas titoras legais.
- No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles, e presentar a resolución xudicial correspondente.
As prazas dispoñibles pódense consultar aquí.
Listaxes provisionais de admitidos/as antes do 9 de xuño
Listaxes definitivas de admitidos/as ata o 26 de xuño.
Formalización de matrícula do 1 ao 10 de xullo. (Mesmo prazo para a matrícula na ESO)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »