Fala o Sinde 2018

 

Festa de fin de curso

O tempo voa e outro curso vai alá. Para celebrar o ben que nos foi fixemos unha festa na que a ANPA Citania fixo un grandísimo traballo. Velaí un vídeo resumo. Feliz verán!

 

HISTORIA DUNHA SOBREIRA

O ALUMNADO  DE 4º DE PRIMARIA REPRESENTOU NO CENTRO CULTURAL A OBRA 

"HISTORIA DUNHA SOBREIRA"

Contaron coa presencia do autor da obra, Ramón Caride.

Noraboa polo ben que o fixeron!!!

Festival Erasmus +

Para celebrar a visita do profesorado dos outros centros de ERASMUS+, fixemos un pequeno festival no cole. Xusto debaixo podedes ver un anaquiño dalgúns videos. Moitas grazas pola participación.

Parella de pandereteiras

Grupo de pandereteiras

5º e 6º de primaria: Baile galego

4º EP. Amoriños collín

5 anos: Si, si kumbalé

1º e 2º de primaria: Una marea de gente

VISITA DOS SOCIOS EUROPEOS

EXCURSIÓN A MANZANEDA

Charla para familias: O paso de primaria a secundaria 2017/2018

O luns 7 de maio de 2018, tivo lugar unha reunión para as familias do alumnado de 6º de educación primaria para falar sobre o cambio de etapa.

Aquí tedes a presentación que se utilizou para falar sobre este tema e dar algúns consellos.

 

 

VIDEOCONFERENCIA COS PAISES SOCIOS.

PARA CELEBRAR O DÍA DA TERRA, O DÍA 20 DE ABRIL CONECTAMOS POR MEDIO DE SKYPE COS PAISES SOCIOS NO PROXECTO TERRA VITA, E MANTIVEMOS UNHA VIDEOCONFERENCIA NA QUE OS ALUMNOS/AS LERON AS FRASES FEITAS POLO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA, DEFENDENDO O COIDADO DO NOSO PLANETA, E OS DEBUXOS REPRESENTATIVOS FEITOS POLO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA.

A MAXIA DA TECNOLOXÍA FIXO QUE NOS VIRAMOS E NOS ESCOITARAMOS ESCOLAS DE  CROACIA, POLONIA, ESLOVENIA, RUMANIA, GRECIA, BULGARIA E ESPAÑA.

Luthiers de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria, coa axuda das familias, creou  instrumentos con material de refugallo. A continuación tedes un vídeo no que se pode ver a exposición que fixemos con todos eles.

TROBADORES POLA RÚA

Para celebrar o Día da Poesía, o 5 de abril o alumndo do SINDE saíu polas rúas da Guarda rapeando poemas.

TERRA VITA

VISITA Á ESCOLA DE VUKOVAR  (Croacia).

Co fin de poñer en común os traballos realizados nas escolas de todos os paises participantes e de aprender das experiencias dos socios Croatas , durante unha semana  tres mestras do centro viaxaron a Vukovar.

Aquí vos deixamos un video resumo da visita.

 VIDEO

15 DE FEBREIRO: DÍA INTERCIONAL DO CANCRO INFANTIL.

Día Internacional do Cancro Infantil, que ten como obxectivo sensibilizar á  sociedad da dura loita que moitos  nenos  afrontan a diario contra esa enfermidade.

Hoxe  fixemos a actividade que estaba prevista para o día 15 de febreiro e que quedou aprazada por mor da choiva.

O alumnado e os mestres  do centro con globos de cor dourada fixeron un lazo no patio, e as alumnas de 6º de primaria, Claudia,Tania e Esther leron un manifesto.

Un guiño de cariño e sensibilización da nosa Comunidade Educativa.PORQUE XUNTOS SUMAMOS!

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!

DESFILAMOS POLAS RÚAS DE A GUARDA CO LUME, AIRE, AUGA E TERRA, OS CATRO ELEMENTOS, TEMA DO PROXECTO ERASMUS+ NO QUE ESTAMOS PARTICIPANDO:TERRA VITA.

ENTROIDO 2018                       
 

     

 

PAZ 2018

OS BOLECHAS NA DESEMBOCADURA DO MIÑO.

A Concelleira de Cultura fixo entrega aos alumnos e alumnas do colexio do  libro de Pepe Carreiro "Os Bolechas na desembocadura do Miño".

Os nenos e nenas agradeceron este agasallo, e o vindeiro 2 de febreiro algúns alumnos do centro asisitiran a presentación do libro na Casa dos Alonsos.

Powered by Drupal - Design by artinet