Números premiados no sorteo das cestas de Nadal organizado pola ANPA Citania:
Novas
Sorteo das cestas de Nadal
Comunicado da ANPA
Estimadas familias:
Dende a Anpa citania poñémonos en contacto con vós para comunicarvos que estamos xestionando a viabilidade e o funcionamento do comedor para facilitar a conciliación familiar durante este curso tan atípico
Para poder levalo a cabo precisamos un número mínimo de alumnos polo que solicitamos que aquelas familias que necesiten ser usuarias deste servizo se poñan en contacto coa secretaria da Anpa o máis axiña posible no telefono: 618 12 23 04.
ASAMBLEA XERAL FIN DE CURSO
ASAMBLEA XERAL ANPA CITANIA
Venres, 26 / 5 / 2017 as 16:00 horas (audiovisuais)
Estimadas/os nais e pais do C.E.I.P. MANUEL RODRIGUEZ SINDE, dende a asociación ANPA CITANIA queremos informarvos da celebración da segunda asemblea xeral deste curso que será o próximo venres día 26 de maio de 2017 as 16:00 horas na sala de audiovisuais do centro cos seguintes puntos do dia:
1º punto: Estado de contas.
2º punto: Renovación xunta directiva.
3º punto: Rogos e preguntas.
IMPORTANTE
Queremos recordarvos que a ANPA e unha asociación da que podemos e debemos formar parte tódolos pais, nais e titores.
Se alguén quere formar parte da xunta directiva, e non pode asistir a reunión, pode comunicalo a algún dos membros da actual directiva, ou deixar os seus datos (nome, apelidos e nº de teléfono) no buzón do ANPA e porémonos en contacto con vos.
Grazas.
REPORTAXE FOTOS 2016
ANPA CITANIA
Proximamente achegarase ao centro un fotógrafo local (FOTO VERANO) para realizar unha reportaxe, mais sinxelo que en anos anteriores debido as queixas recibidas polo alto custe que tiña.
Este ano poderase elixir entre 2 opcións:
1. foto de grupo toda a clase tamaño 20x30 + foto individual 10 x15 (9 euros)
2. foto grupo toda a clase 20x30 + foto individual 10x15 + foto con irmáns 13x18 (12euros)
A os socios da ANPA aplicaráselle un desconto de 1 euro por reportaxe.
No caso de pedir a opción de foto con irmáns marcar a casilla 2, so no irmán maior.
A reportaxe realizarase por encargo, por iso pedimos as familias interesadas cubran a nota enviada e a entreguen na clase ou nos a dean a algún membro da ANPA antes do día 20.
Cando saibamos o día que se vai facer a reportaxe, avisaremos.
Se algunha familia, que previamente collese a reportaxe, quixese mais copias ou distintos tamaños, pode pasar por ”FOTO VERANO“ e pedilas nos tamaños e precios dos que dispoñen na tenda.
Se tedes algunha dúbida podedes preguntarnos.
Un saudo.
CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL CURSO 2015-2016
ASAMBLEA XERAL ANPA CITANIA
Estimados pais e nais do colexio MANUEL RODRIGUEZ SINDE, dende a asociación ANPA CITANIA
queremos informarvos da celebración da próxima asamblea xeral que será o próximo venres dia 2 de
outubro as 16 horas en primeira convocatoria ou as 16.15 se non houbese suficiente xente, cos
seguintes puntos do dia:
1 º punto : Lectura e aprobación da acta anterior.
2º punto : Estado de contas.
3º punto : Substitución de cargos dispoñibles.
4º punto : proxecto comedor no colexio.
5º punto : Rogos e preguntas.
IMPORTANTE
Queremos recordarvos que a ANPA e unha asociación da que podemos e debemos formar parte tódolos pais, nais e titores; que foi creada pa beneficiar a todo o sistema educativo (pais, alumnos e o colexio).
Na ANPA podedes expoñer as vosas ideas, suxerencias ou queixas, e cantos mais sexamos colaborando, mais e mellores proxectos poderemos levar a cabo.
(Se alguén non pode acudir a reunión e igualmente ten algunha suxerencia pode facérnola saber persoalmente ou deixala por escrito no buzón da ANPA que esta na entrada do centro).
GRAZAS.
CONVOCATORIA DE REUNION
AMPA CITANIA do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, convoca a todolos pais e nais a unha Asamblea Extraordinaria o venres 15 de maio de 2015, as 16:00, na sala de audiovisuais do centro.
Punto principal: - Aprobación novos estatutos.
- Rogos e preguntas.