A aula de 3º de primariado curso 2012/2013 creou no seu día este vídeo cos datos máis relevantes da historia da Guarda.
Animación á lectura
Inauguración de BiblioSinde
O pasado martes día 1 realizouse a apertura de BiblioSinde. Entregáronse carnés ao profesorado e ao alumnado novo no centro (agás ás nenas e nenos de 3 anos que foron outro día). Presentáronse as alumnas e alumnos axudantes na biblio este curso e cada grupo levou un contrato de uso que devolverá asinado. Velaí van unhas imaxes do acto:
Entrevista a Conrazones
Co gallo do día mundial dos dereitos do neno, o alumnado entrevistou a voluntarios da asociación guardesa Conrazones. Gravaron esta actividade e despois editaron o vídeo e quedou así de ben.
Taller de contos co 1º ciclo
O alumnado do primeiro ciclo participou nun taller de creación de contos dirixido polo equipo de biblioteca.