Actividades

VOZ NATURA

INICIAMOS O CURSO  VOZ NATURA 2019-2020 COA FOLGA XERAL POLO CLIMA.

Organizouse unha saída intercentros Voz Natura: As Solanas, A Sangriña, Avelaiña e o Sinde.

Nas aulas fixemos carteis referentes ao coidado do planeta.Preparamos a canción "No mateis mi planeta" da serie "Verano azul".O alumnado de 6º preparou un manifesto.

A actividade estaba programada para  o venres 27 de setembro cunha xuntanza de todos os centros no Castelo de Santa Cruz, pero polas inclemencias do tempo trasladouse para o venres seguinte.

CARTEIS DAS AULAS

CONVIVENCIA POLO CLIMA NO CASTELO DE SANTA CRUZ

 

Nova edición do concurso Pilabot

Este ano volvemos a participar no Concurso Pilabot.

O alumnado poderá traer ao centro pilas, pilas de botón, acumuladores e baterías de uso doméstico.

O período de recollida durará 6 semanas.

Para máis info fai click na imaxe:

pilabot

 

Recoleta de plástico na Praia.

NOTICIA NA PRENSA

VOZ DE GALICIA

SEMENTANDO

1º DE PRIMARIA PREPARA OS SEMENTEIROS DE LEITUGAS E TOMATES PARA TRANSPLANTAR

DESPOIS Á HORTA, FIXEMOS TAMÉN A LIMPEZA DA HORTA.

.

 

 

LIMPEZA DA PRAIA DO MUÍÑO

 

No blog da Biblioteca tedes un resumo da xornada de limpeza que o alumnado fixo na Praia do Muíño do noso concello:

 

Fai click na imaxe para acceder ao blog

SANTA TEGRA RECUPERA PARTE DO SEU EXPLENDOR

A Comunidade de montes de Camposancos, por cuarto ano consecutivo, en colaboración cos colexios de A Guarda planta en  Santa Trega 500 árbores de distintas especies frondosas, ás que se suman este ano máis de 800 “landras” de alcornoques que se sementaron fai pouco máis dun mes.

https://www.atlantico.net/…/santa…/20200221004656758949.html

Alumnos/as de 5º e 6º participando nesta actividade.

A HORTA DE 4º DE PRIMARIA

O alumndo de 4º de primaria está preparando as sementes para prantar na horta do Sinde.Esta semana prantaron sementes de tirabeques, chícharos e acelgas.Aquí vos deixo as fotos.

 

RECICLAMOS CON PILABOT

Por segundo ano o Centro participa no proxecto Pilabot,reciclando pilas usadas.

Gracias familias pola vosa colaboración!!!

ENERXIAS RENOVABLES

O venres 10 de xaneiro, Xerome, un antigo alumno do colexio, que é enxeñeiro das enerxías, veu a falarnos das enerxías do futuro que non contaminan. Explicounos que todo na nosa vida está movido por enerxía e o importante que é aforrar enerxía e así non contaminar e a importancia de utilizar as enerxías da natureza: dá terra(xeotérmica), do sol(solar),do aire(eólica) para transformala noutras enerxías."A ENERXÍA NON SE CREA NEN SE DESTRÚE TRANSFÓRMASE"

"Moitas grazas XEROME".

PLANTAMOS EN NOVEMBRO

"En novembro ata un pao prende"

Co alumnado de 4º de educación infantil plantamos no xardín do colexio unhas azaleas.

AXUDA A COMPOSTAR

Xa está todo preparado para empezar a facer COMPOST.

Deixamos aquí un video e un PDF para que vexades en que consiste a compostaxe.

 

COMO FACER COMPOST PDF

ASÍ VAI A RECOLLIDAD DE RESIDUOS...

 

 

 

Folga do clima

O alumnado do Sinde foi ao Castelo de Santa Cruz en apoio da Folga Mundial polo Clima. Alí, en convivencia co alumnado doutros centros, leron un manifesto, cantaron unha canción e plantaron landras en zapatos.

Powered by Drupal - Design by artinet