SE QUERES POÑERTE EN CONTACTO CO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN,
CON CALQUEIRA D@S SEUS
INTEGRANTES (PT, AL OU
ORIENTADOR/A) ESCRÍBENOS AO
SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO:
doceipsinde@gmail.com
SE QUERES POÑERTE EN CONTACTO CO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN,
CON CALQUEIRA D@S SEUS
INTEGRANTES (PT, AL OU
ORIENTADOR/A) ESCRÍBENOS AO
SEGUINTE CORREO ELECTRÓNICO:
doceipsinde@gmail.com
Desde o 30 de abril ata o 13 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria no curso 2024/2025 de acordo co Extracto da resolución do 12 de abril de 2024.
Na seguinte ligazón podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:
Web de becas do Ministerio de Educación, FP e deporte
A tramitación debe facerse por vía electrónica na Sede electrónica
A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO GRAVE DA COMUNICACIÓN OU DA LINGUAXE, TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.
Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao D.O. (886110085) para solicitar información ou ben escribide un correo electrónico ao seguinte enderezo: doceipsinde@gmail.com.
A continuación tedes unha presentación para coñecer un pouco máis ou punto laranxa:
O pasado martes 8 de xuño demos a benvida ás novas familias do alumnado que comezará o curso que vén en 4º de infantil.
A continuación tedes a información da que falamos.
Ademais, comentamos que o prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Outra información de interese foi que se algunha familia merca xa en verán os mandilóns, estes deberán ser con botóns grandes para facilitar a aprendizaxe dos mais cativos.
Comezamos educación infantil de María Masana
O pasado martes 8 de xuño levouse a cabo unha reunión virtual coas familias do alumnado de 6º de infantil que vai a pasar á etapa de primaria.
A continuación tedes a presentación con toda a información da que falamos.
O pasado mates 8 de xuño tivo lugar unha reunión virtual coas familias de 6º de primaria onde tratamos o cambio de etapa de PRIMARIA a SECUNDARIA.
A continuación tedes a presentación que nos axudou a falar sobre todos os cambios que se darán e algunhas pautas para as familias que vos axudarán a afrontar este gran cambio:
O pasado venres día 2 celebrouse o Día Mundial do Autismo co lema "Podo aprender. Podo traballar". Desde o Sinde sumámonos a esta conmemoración co seguinte vídeo:
O teu navegador non soporta este vídeo.
O alumnado de Sinde amosou ter capacidades moi interesantes e distintas que nos lembran que ser diferentes é moi divertido.
Con este video conmemoramos o día da disCAPACIDADE.
Dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria neste curso 2020/2021.
No seguinte enlace, podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:
A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.
As familias que teñades fillos/as nalgunha destas situacións, acudide ao gabinete ao que asiste para que vos axuden a tramitalas. Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao cole a partir do día 1 de setembro para solicitar información ou ben escribide un email ao seguinte correo electrónico: doceipsinde@gmail.com.
Os/as que queirades realizar a tramitación de maneira telemática dende a vosa casa, podedes facelo no seguinte enlace:
IMPORTANTE!
Xa publicado na web do Ministerio de Educación e Formación Profesional a resolución das becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Para consultar toda a información, clicade no seguinte enlace:
Na sede electrónica poderedes consultar a concesión ou denegación da beca de maneira individual, pois non é posible visualizar as listaxes pola protección de datos.
A continuación, comparto con vós, familias, información moi interesante e necesaria seguramente nalgúns
casos. Trátase do artigo publicado na páxina EDUCACIÓN 3.0 " El síndrome de la cabaña", que ademais de
explicarvos de qué se trata, intenta axudarvos aos que estedes nesta situación.
(Preme na seguinte imaxe para acceder ao artigo)
Con esta actividade, finalizamos o DIARIO EMOCIONANTE. Agora tócavos a vós escribir as emocións que ides sentindo día a día. Recordade que agora tedes moitos recursos para controlar as vosas emocións.
Xa tedes a actividade 6. É importante que a partir de agora, o fagades todos os días para reflexionar nun futuro (cando cubrades toda a máquina de chicles) sobre a emoción que vos definiría mellor nesta situación.
CONTRATOS-PROGRAMA
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |