Orientación

APPS PARA MÓBIL OU TABLET DESTINADAS A ALUMNADO CON NEAE.

 

Aínda que estas APPS están pensadas sobre todo para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo, calquera neno ou nena pode beneficiarse deles.

Se pinchades enriba de cada un deles, podedes acceder á páxina onde se describe e descarga.

 

 

  • Manos quietas: axuda na tarefa de manter ao alumno sentado e captar a súa atención.

 

  • Sigueme: é unha aplicación pensada para potenciar a atención visual e adestrar a adquisición do significado en persoas con TEA e baixo nivel de funcionamento.

 

  • Emoplay: Tratase dunha aplicación que fai uso o de webcam o de cámara integrada, para traballar con distintas emocións como alegría, tristeza ou enfado, de forma sinxela. Trala elección da emoción a traballar, e unha explicación tanto da expresión facial asociada como dunha situación na que aplicala, o usuario debe realizar os xestos que determinan esa emoción, por exemplo, sorrir para expresar alegría, e Emoplay analizará automaticamente a súa imaxe indicando se a expresión é adecuada ou non.

 

  • Doctor TEA: Permite traballar en forma de anticipacións as visitas que os nenos Tea deben facer a un centro hospitalario. Mediante a visita a esta web promovemos a familiarización con espazos, procedementos e persoal médico a través de viñetas e vídeos.

 

 

  • TEAyudo a jugar: ferramenta que busca favorecer a inclusión educativa e social mediante unha actividade fundamental no desenrolo infantil e a socialización: o xogo.

 

  • El viaje de Elisa: é un videoxogo de concienciación destinado a estudantes dos últimos cursos de primaria. O videoxogo ten como obxectivo que o alumnado poda comprender mellor as características e as necesidades que teñen as persoas con Autismo, en especial con Síndrome de Asperger.

 

  • Hablando con el arte: permite facer cun cadro o que queiramos: debuxar, borrar, cantar, escoitar, corear, cambiar os elementos de sito o crealo de novo como cada uno o interprete. Buscan fomentar a creatividade artística partindo duna peza mestra.

 

  • Soy visual.org: unha app con exercicios prácticos. #Soyvisual está dirixido principalmente a persoas con dificultades no ámbito da comunicación e o linguaxe por distintos factores (persoas con TEA, diversidade funcional, afasia, traumatismos, dexeneración cognitiva, etc.), anque poden ser usados por calquera persoa que lo precise.

 

  • Proyecto azahar: Azahar é un conxunto de aplicacións de descarga gratuíta de comunicación, ocio e planificación que, executadas a través de tabletas, ordenadores o smartphones, axudan a mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas con autismo e/o con discapacidade intelectual. Azahar está inspirado na filosofía do programa TEACCH para proporcionar unha estrutura visual clara e, ademais, unha das súas aplicacións, construír frases, está inspirado no sistema PECS.

 

 

 

70 IDEAS PARA XOGAR NA CASA.

Aquí tedes 70 ideas de xogos sinxelos para facer na casa que vos farán pasar o tempo distraídos/as.

 

 

70 Ideas Para Jugar en Casa by Maria Masana Martinez on Scribd

SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE A GUARDA

Dende os Servizos Sociais do noso Concello, queren compartir con todas as familias de Sinde os seguintes documentos:

- Unha psicoguía elaborada por psicólogos/as e psicopedagogos/as con información para toda a comunidade en xeral e para algúns colectivos en concreto para saber cómo afrontar esta situación ante o COVID-19:

 

 

 

Psicoguía by Maria Masana Martinez on Scribd

 

 

- Un documento con pequenos consellos psicolóxicos para largos períodos dentro da casa:

 

 

Consejos Periodos Largos en Casa by Maria Masana Martinez on Scribd

 

- Un manual con indicacións para as familias nas que haxa en activo persoal de socorro:

 

 

Indicaciones Personal de Socorro by Maria Masana Martinez on Scribd

Guía YOMEQUEDOENCASA

Hola familias!

Queremos compartir con vós unha guía elaborada pola "Consejería de familias e igualdad del Ayuntamiento de Tres Cantos" que nos pareceu moi sinxela de manexar e con materiais interesantes de diversas temáticas que poden servir para reforzar algúns contidos.

 

 

 

 

Guia Yomequedoencasa by Maria Masana Martinez on Scribd

INFORMACIÓN IMPORTANTE ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA E CONDUTAS DISRUPTIVAS

Adxúntase Instrucción do 19 de marzo de 2020 e información da Confederación Autismo España sobre a posibilidade do alumnado con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou problemas condutuais para sair á rúa por causa de forza maior.

A modo de resumo, o alumnado que teña discapacidade cun diagnóstico de TEA ou trastorno de conduta, terán a garnatía xurídica de poder circular polas vías de uso público e non ser multadas.

Sen embargo, en coherencia coas instruccións, facemos fincapé no carácter excepcional e de forza maior desta posibilidade recordando que o fundamental é QUEDAR NA CASA. Igualmente, será esencial extremar as precaucións para previr o contaxio se, no caso de URXENCIA OU EXTREMA NECESIDADE, as persoas con TEA e as súas familias teñen que sair á rúa. En todo momento, apélase á responsabilidade individual á hora de afrontar as medidas establecidas. Recordamos que se é necesario saír á rúa, deberá ser cumprindo a norma de que soamente poderá o alumno/a por unha persoa.

Por todo esto, a Confederación de Autismo de España recomenda levar consigo a seguinte documentación:

- Certificado oficial do recoñecemento da discapacidade.

- Copia da Instrucción do 19 de marzo de 2020.

- Informes médicos complementarios nos que se describa a existencia de TEA os problemas condutuais.

Para calquera dúbida, poñerse en contacto no email: doceipsinde@gmail.com

SYMBALOO.

Bo día.

Os especialistas do Departamento de Orientación elaboramos un Symbaloo con diferentes materiais de reforzo que vos poden axudar.

Convidámosvos a que naveguedes polos diferentes espazos:

- Amarelo: lingua.

- Verde: ciencias.

- Turquesa: matemáticas.

- Laranxa: audición e linguaxe.

- Fucsia: educación infantil.

- Violeta: xogos e contos.

 

Cada día subiremos novos recursos.

Premede AQUÍ para visitalo.

 

Horario cuarentena.

Aquí tedes un exemplo de horario para estos días de cuarentena.

Recordade que cada familia debe adaptalo á súa situación persoal.

 

 

 

Recomendacións xerais cuarentena.

Bo día familias.

O Departamento de Orientación quere darvos unhas recomendacións para facer máis levadeira esta cuarentena cos vosos pequenos e pequenas:

- Intenta manter as rutinas de sono, deitándovos e erquéndovos mais ou menos á mesma hora que cando hai cole.

- Aproveitade para investigar acerca de cousas que lle interesen, coma por exemplo: dinosaurios, o espacio, o deserto, o mar...

- Visitade algún museo de forma virtual a través da súa páxina web, ou visitade algunha nova cidade, as marabillas do mundo, etc a través de google earth.

- Non esquezades os hábitos de hixiene: lavar as mans, tusir no antebrazo...

- Axudade na casa a realizar as tarefas que poidas: por e recoller a mesa, facer a túa cama, doblar calcetíns...

- Practicade algunha actividade física, hai diversos vídeos en internet, ou senón, fai percorridos improvisados por casa con cadeiras, mantas, coxíns...

- Seguide as indicacións dos titores/as e profesorado especialista, que vos vai a propoñer diversas actividades.

- Seguide unha rutina cada día a través dun horario.

Todo vai sair ben.

Ante a situación de actualidade polo Coronavirus (COVID-19), o Departamento de Orientación do CEIP Manuel Rodríguez Sinde a través deste espazo, compartirá con todas as familias diversidade de tarefas, actividades, recursos... en resumo, calquera axuda que vos podamos prestar para pasar esta cuarentena da mellor maneira posible.

Todo o material que vos propoñemos pode adaptarse a calquera etapa e nivel e é especialmente relevante para o alumnado que ten algunha necesidade específica de apoio educativo e tamén para o que recibe o apoio dos especialistas de PT e/ou AL.

É especialmente relevante que sigades as indicacións de cada titor/a e profesorado especialista e que afrontedes estas posibilidades coma unha axuda para reforzar algúns aspectos.

Un saúdo! Alberto (AL), Marcolina e Nerea (PT) e María (orientadora).

E recordade, "TODO VAI SAIR BEN"

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

 

Para conmemorar o Día da Discapacidade, no centro fixéronse distintas actividades nas que se tentou concienciar ao alumnado do significado de discapacidade e das posibilidades e necesidades que estas persoas teñen.

Dúas monitoras de GOGAMI, coa axuda do profesorado, realizaron unha xincana inclusiva para as nenas e os nenos de Primaria. Para o alumnado de infantil foron Nerea e Alberto quenes fixeron actividades similares. Velaí un pequeno resumo:

 

 

 

Charla para familias: O paso de primaria a secundaria 2017/2018

O luns 7 de maio de 2018, tivo lugar unha reunión para as familias do alumnado de 6º de educación primaria para falar sobre o cambio de etapa.

Aquí tedes a presentación que se utilizou para falar sobre este tema e dar algúns consellos.

 

 

Departamento de orientación

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

Convocatoria e acceso ó trámite das becas para alumnado con NEAE dispoñible pinchando aquí.

Ata o 28 de setembro estará aberto o prazo de solicitudes.

Charla para as familias de 6º de Primaria

A orientadora do centro, María Masana deu unha charla para as familias do alumnado de sexto de primaria sobre o cambio de etapa de primaria a secundaria. A continuacíon tedes a presentación que creou con moita información interesante:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet