Bo día familias.
O Departamento de Orientación quere darvos unhas recomendacións para facer máis levadeira esta cuarentena cos vosos pequenos e pequenas:
- Intenta manter as rutinas de sono, deitándovos e erquéndovos mais ou menos á mesma hora que cando hai cole.
- Aproveitade para investigar acerca de cousas que lle interesen, coma por exemplo: dinosaurios, o espacio, o deserto, o mar...
- Visitade algún museo de forma virtual a través da súa páxina web, ou visitade algunha nova cidade, as marabillas do mundo, etc a través de google earth.
- Non esquezades os hábitos de hixiene: lavar as mans, tusir no antebrazo...
- Axudade na casa a realizar as tarefas que poidas: por e recoller a mesa, facer a túa cama, doblar calcetíns...
- Practicade algunha actividade física, hai diversos vídeos en internet, ou senón, fai percorridos improvisados por casa con cadeiras, mantas, coxíns...
- Seguide as indicacións dos titores/as e profesorado especialista, que vos vai a propoñer diversas actividades.
- Seguide unha rutina cada día a través dun horario.