REPORTAXE FOTOS 2016

ANPA CITANIA

Proximamente achegarase ao centro un fotógrafo local (FOTO VERANO) para realizar unha reportaxe, mais sinxelo que en anos anteriores debido as queixas recibidas polo alto custe que tiña.

Este ano poderase elixir entre 2 opcións:

1.       foto de grupo toda a  clase tamaño 20x30 + foto individual 10 x15 (9 euros)

2.       foto grupo toda a clase 20x30 + foto individual 10x15  + foto con  irmáns 13x18 (12euros)

A os  socios da ANPA aplicaráselle un desconto de 1 euro por reportaxe.

No caso de pedir a opción de foto con irmáns marcar a casilla 2, so no irmán maior. 

A reportaxe realizarase por encargo, por iso pedimos as familias interesadas  cubran a nota enviada e a entreguen na clase ou nos a dean a algún membro da ANPA antes do día 20.

Cando saibamos o día que se vai facer a reportaxe, avisaremos.

Se algunha familia, que previamente collese a reportaxe, quixese mais copias ou distintos tamaños,  pode pasar por  FOTO VERANO“ e pedilas nos tamaños e precios dos que dispoñen na tenda.

Se tedes algunha dúbida podedes  preguntarnos.

Un saudo.

Powered by Drupal - Design by artinet