FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A partir do venres 21 de maio e ata o 22 de xuño (incluído) está aberto o prazo para a solicitude de libros do Fondo solidario e as axudas para adquirir libros e material escolar. (Ligazón ao DOG).

As solicitudes poden facerse na aplicación <<Fondolibros>>, (https://www.edu.xunta.es/fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. ou entregalos na secretaría do centro (horario da secretaría).

 

Tipos de axuda (En función da renda familiar)

  • Material escolar: 1º a 6º de Primaria.
  • Libros de texto:
    • 1º e 2º de Primaria.- vale para a adquisición dos libros.
    • 3º a 6º de Primaria.- libros do Fondo solidario.

 

Documentación a entregar:

En todos os casos:

  • Anexos I e II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

De ser o caso:

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da  violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

Reserva de praza no Conservatorio

Este ano, debido á situación actual, non poderemos gozar do concerto didáctico que habitualmente nos ofrecían desde o Conservatorio de A Guarda. Compartimos a información que nos fan chegar:

Nestes intres está aberta a de reserva de praza para o curso 2021-2022 no CONSERVATORIO DE MÚSICA DE A GUARDA. Si che gusta a música e estás interesado en aprender a tocar un instrumento, a estudar música, a coñecer novos compañeiros non o dubides e fai xa a reserva. Podes facela cubrindo un pequeno formulario na nosa páxina web https://www.edu.xunta.gal/centros/cmuselementalaguarda/

A HORTA DE ELSA

Este venres día 30 de abril, faremos unha homenaxe á nosa querida compañeira Elsa. Decidimos que un lugar do centro debería levar o seu nome, e que mellor lugar que a horta escolar, ese lugar especial que ela puxo en marcha e no que, coma sempre, puxo tanto traballo e amor. Debido á situación que vivimos, moi ao noso pesar, non podemos realizar un acto con moita xente. As familias que o desexedes podedes colaborar enviando a través das vosas fillas ou fillos unha flor (preferiblemente co talo longo) que se colocará no portal de acceso á horta de Elsa.

 

 

CUESTIONARIO DE CONVIVENCIA

Entre o 12 e o 29 de abril (ambos incluídos) estará dispoñible a enquisa sobre a convivencia no noso centro. Para respondela deberedes usar o código que vos chegou a través das vosas fillas ou os vosos fillos. Este código só se pode empregar unha vez. Esta enquisa é totalmente anónima.

Existen cuestionarios para cada sector. Para acceder a eles facede click no apartado correspondente:

No arquivo adxunto de abaixo tedes un documento con respostas a dúbidas frecuentes.

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O pasado venres día 2 celebrouse o Día Mundial do Autismo co lema "Podo aprender. Podo traballar". Desde o Sinde sumámonos a esta conmemoración co seguinte vídeo:

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

FESTA DE NADAL

 

Este ano a Festa de Nadal tivo que ser diferente. Non puidemos facer o tradicional festival pero fixemos outras cousas, un escape room, visionamento do Festival virtual, unha peli e unha vídeochamada con Papá Noel que nos enviou os agasallos pedidos para nós pola ANPA Citania. A seguir tedes un vídeo de resumo desta día.

FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL

 

Este ano, lamentablemente, non podemos facer o habitual festival de Nadal pero temos un festival virtual espectacular. Esperamos que vos guste. Felices festas e saúde para todas e todos!

3 anos

4 anos

 
5 anos
 
 
 
 

 
 

 
 

3 de decembro "Día da disCAPACIDADE"

O alumnado de Sinde amosou ter capacidades moi interesantes e distintas que nos lembran que ser diferentes é moi divertido.

Con este video conmemoramos o día da disCAPACIDADE.

RAPS DO OUTONO

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxeron inventar un poema e rapealo. Temos un alumnado con moito flow.

1º de Primaria

rap

2º de Primaria

3º de Primaria

 

4º de Primaria
 
 
5º de Primaria
 

Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

 

 

O pasado mércores celebrouse no Sinde o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. A continuación tedes o resultado:

Seguiremos a traballar para lograr a eliminación desta lacra social.

Día da Capacidade

Este ano queremos celebrar o Día da Capacidade. Para iso estamos a organizar unha actividade na que o alumnado nos envíe de xeito voluntario un vídeo coas súas mellores habilidades. Na seguinte imaxe tedes máis información:

 

Uso da Aula Virtual do centro

A profe Jenny creou este vídeo titorial por se vos pode facilitar o traballo na aula virtual do centro coas vosas fillas e fillos:

 

AS CABAZAS DO SAMAÍN

O alumnado do Sinde e as súas familias enviáronnos as fotos das súas cabazas. Son terrorificamente marabillosas!

Velaí o vídeo no que as podedes ver:

 
Grazas pola vosa colaboración!

Pilabot

Rematou o concurso de Pilabot. Xuntamos máis de 100 kilogramos de pilas. Moitas grazas pola vosa colaboración!

pilabot

 

Festivo local

23 Set 2020 00:00
Europe/Madrid

Lembramos que o próximo mércores día 23 non haberá clases por ser día festivo local.

Powered by Drupal - Design by artinet