Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

BI_CELEBRACIÓNS

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014

00/00/
Array

Este curso, para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares os alumnos de 3º prepararon unha obra de teatro de sombras: Samaín, conmemorando así tamén esta festividade.

Celebración na Biblioteca do Día do Libro

00/00/
Array

Para celebrar o Día do Libro na biblioteca fixéronse varias actividades.

- CONCURSO DE ADIVIÑAS. Tivo lugar ao longo da terceira semana e o tema xirou arredor das enerxías renovables. Participaron os alumnos de Primaria e ao remate, deuse un pequeno agasallo aos gañadores.

- LECTURAS DRAMATIZADAS durante a cuarta semana de abril. Para os nenos de Educación Infantil  e primeiro e segundo ciclo de Primaria limos o conto titulado RINO, ECOLOGISTA. Participaron tanto os mestres do grupo de biblioteca como os alumnos colaboradores.

Ao remate, os nenos de E.I. recibiron un libro de Os Bolechas de regalo.

Tendo en conta o sensibilizados que estaban os nenos co incendio das Fragas do Eume, ocurrido nas vacacións de Semana Santa, lémoslles unha adaptación do libro de Agustín Fdez. Paz NO CORAZÓN DO BOSQUE.

- Entrega dun agasallo aos máis lectores do trimestre. Participaron co Diario de Lectura.

En todas as actividades estivo presente a mascota da biblioteca, Multileo e se queres ver imaxes destas mira este vídeo.   

[swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/DIA_LIBRO_VIDEO.flv"]

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012

00/00/
Array

O pasado 24 de outubro celebramos no colexio o Día da Biblioteca coas seguintes actividades:

. Gravación do conto O gato lambón.

. Elaboración de monicreques para o conto.

. Elaboración dun monicreque para cada neno.

. Para cada titoría de EI e primeiro ciclo fíxose un libro resume do conto.

. O día 24 estivo na entrada do colexio a mascota da biblioteca, Multileo, saúdando aos nenos acompañada do Gato lambón.

. Durante toda a semana escoitouse pola megafonía o conto gravado así como unha poesía sobre a biblioteca.

. No salón de actos, o día 24, tivo lugar un acto no que se lles lía aos nenos e nenas de EI o conto O gato lambón, dábaselles o monicreque para que o elaboraran na súa aula e remataba o acto coa entrega aos alumnos de 3 anos do carné de biblioteca.

Todo isto queda reflectido no seguinte enlace: Video

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011

00/00/
Array

O vindeiro luns 25 de outubro, imos celebrar no colexio o “DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES”.
A finalidade é animar ao alumnado a visitar a biblioteca, para así pouco a pouco adquirir o gusto pola lectura.
Multileo acompañaranos nesta viaxe e sempre nos da algún consello:


“Se queres soñar un pouquiño,
séntate nun sillón,
abre o teu libro amodiño,
que comeza a función.”

CELEBRACIÓNS

00/00/
Array
Distribuir contido