Celebración na Biblioteca do Día do Libro
Para celebrar o Día do Libro na biblioteca fixéronse varias actividades.
- CONCURSO DE ADIVIÑAS. Tivo lugar ao longo da terceira semana e o tema xirou arredor das enerxías renovables. Participaron os alumnos de Primaria e ao remate, deuse un pequeno agasallo aos gañadores.
- LECTURAS DRAMATIZADAS durante a cuarta semana de abril. Para os nenos de Educación Infantil e primeiro e segundo ciclo de Primaria limos o conto titulado RINO, ECOLOGISTA. Participaron tanto os mestres do grupo de biblioteca como os alumnos colaboradores.
Ao remate, os nenos de E.I. recibiron un libro de Os Bolechas de regalo.
Tendo en conta o sensibilizados que estaban os nenos co incendio das Fragas do Eume, ocurrido nas vacacións de Semana Santa, lémoslles unha adaptación do libro de Agustín Fdez. Paz NO CORAZÓN DO BOSQUE.
- Entrega dun agasallo aos máis lectores do trimestre. Participaron co Diario de Lectura.
En todas as actividades estivo presente a mascota da biblioteca, Multileo e se queres ver imaxes destas mira este vídeo.
[swf file="/srv/hosting/home/ceipmanuelfraga/drupal/files/DIA_LIBRO_VIDEO.flv"]
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DIA_LIBRO_VIDEO.flv | 18.39 MB |