Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

LÓVA - LA ÓPERA COMO VEHÍCULO DE APRENDIZAJE

20/06/2022 13:03
Europe/Madrid

O pasado mércores 15 de xuño A Compañía de Ópera Familiformi amouso o traballo de todo un curso poñendo en escea a súa ópera que leva como título: "Acampada Creativa". Este traballo está dentro do Proxecto Lóva, un proxecto educativo centrado no desenrolo emocional, social e cognitivo dos alumnos/as. Para resumir, posto que sería moi longo de contar, dicir que LÓVA é un reto que abre a aula ás emocións, á imaxinación, ao esforzo compartido e ao descubrimento e aceptación de todas as capacidades. Dedicaron o curso enteiro a crear desde cero unha breve peza de teatro musical, para o cal organizan equipos de profesionais, escribiron un libreto, deseñaron decorados, compuxeron música, elexiron e crearon pezas do vestiario, fixeron publicidade, aprenderon sobre iluminación, etc. E, ao final, chegou o gran día no que representaron unha ópera enteiramente orixinal e fixéronno sen axuda dos adultos. Tamén deixar claro que LÓVA conecta as Competencias Clave e os Obxectivos da aula. Os que formamos parte deste proxecto comprobamos que os nenos/as viven de forma individual e colectiva a EMOCIÓN DA APRENDIZAXE.

Pensamos que foi un día moi emocionante e especial para todos/as, unha experiencia que non esquecerán. Foi unha gozada velos dende a distancia como resolvían e manexaban a situación. Aquí vos deixamos unhas fotos preciosas que Álvaro Ramil lles fixo durante a posta en escea.

                                          

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O ALUMNADO ADMITIDO NO PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 2022-2023

16/06/2022 00:12
Europe/Madrid

O alumnado admitido no proceso de admisión para o curso 2021-2022 deberán formalizar a matrícula presentando o impreso correspondente na secretaría do centro xunto con dúas fotografías tamaño carnet e solicitando cita previa.

 

Prazo: 20 de xuño-30 de xuño

Teléfono cita previa: 881 880 434

IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023

15/06/2022 23:44
Europe/Madrid

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.


IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º).


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono 881 880 434, email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal.


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.


As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.


PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.


Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.


Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.


MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar
nada sen falar previamente coa persoa titora.


EDUCACIÓN PRIMARIA
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora e/ou publicado na web do colexio cando se coñeza.

PREMA NA SEGUINTE LIGAZON PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023

 

DÍA DOS OCÉANOS -SAÍDA Á PRAIA DA BASTEIRA.

13/06/2022 18:14
Europe/Madrid

O día 8 de xuño celebrase o Día Mundial dos Océanos. Sabemos que o oceáno cubre máis do 70 % do Planeta, que é a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Por todo iso e máis, Nós ,aínda que o día 9 de xuño e  por segundo ano consecutivo, quixemos axudar a protexer o noso mar e as nosas praia porque consideramos que todos debemos poñer o noso grao de area, os xestos son necesarios para conseguir un mar limpo, un mundo mellor. Proba de que é necesario é que o océano produce ao menos o 50% do osíxeno do Planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteinas  para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Que máis necesitamos saber para concienciarnos de que temos a misión de conservar a vida no mar para as futuras xeracións. Por todo o anterior, saimos á Basteira co fin de limpala e comprobar se existen microplásticos ocultos entre os graos de area. Sorprendimos positivamente cando comprobamos que a praia estaba bastante limpa, e cando fixemos o peneirado de area deunos como resultado que non había microplásticos tan perxudiciais para os peixes e indirectamente para o ser humano. Sentimonos moi ledos/as!!!. Tamén aproveitamos para xogar na zona das dunas e na beiramar. O sol acompañounos, quizais demasiado, pero resultou unha xornada de convivencia divertida, instrutiva,  emocional e de fomento de valores para educar aos nosos/as rapaces/zas.

        

 

SAÍDA Á A CORUÑA ALUMNADO 3º, 4º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA

13/06/2022 17:37
Europe/Madrid

O pasado 24 de maio o alumnado do cole (3º, 4º,5º e 6º de EP) viaxou á cidade da Coruña para pasar un día GRANDE. Saíron en 3 autobuses sobre ás 9:30 da mañá. Cando chegaron dirixironse ao Monte de San Pedro onde tomaron un pequeno xantar para coller forzas e gozar dos lugares que os estaban agardando. O primeiro destino foi a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida, onde xogaron e interactuaron coa ciencia para así comprendela mellor; a continuación dirixironse cara ao MUNCyT onde, aparte de todo o contido interesantísimo que alí se atopa, tiveron a oportunidade de subirse a unha cabina de avión, toda unha experiencia, sobre todo para aqueles nenos/as que nunca tiveran a oportunidade de viaxar neste medio de transporte. Despois de do Museo de Ciencia e Tecnoloxía esperáballes algo que agardaban con moita ilusión: comer todos xuntos no "Muerde la Pasta" no centro comercial Marineda. Segundo manifestaron, "foi xenial!!!". E por último e non menos atractivo, foron ao Acuario Finisterre, que imos a dicir, outra experiencia inesquecible, sobre todo para eses nenos e nenas amantes dos animais, en especial dos que habitan no mar.

      

REVISTA ESCOLAR. Espigonciño, nº 78

26/06/2022 16:54
Europe/Madrid

Distribuir contido