Skip to Content

Blogue de admin

OBRADOIRO 061

No noso centro pensamos que todo o mundo debe ter coñecementos de como debe actuar en caso de unha emerxencia sanitaria. Para poñernos ao día recibimos a visita de dous técnicos do 061, Eladio e Camilo, que impartiron un cursiño onde nos ensinaron cousas moi interesantes e valiosas no que tamén participaron as familias.

Así, aprendemos que ante calquera emerxencia debemos seguir a regra PAS (protexer, avisar, socorrer). Tamén aprendemos como debemos actuar ante un atragantamento, ou como saber se unha persoa incosciente respira. 

Finalmente fixemos unha pequena práctica de soporte vital básico, na que aprendemos como facer a RCP. Pero non pensedes que só foi unha clase teórica... Todas e todos tivemos que practicar!!  Aquí vos deixamos unha pequena mostra. 

 

AS NOSAS HEROÍNAS

Esta foi a actividade final coa que despedimos este ano o noso traballo no proxecto Donas de sí. Tratamos de por en valor o duro traballo das nosas avoas, que tanto fan e tan pouco lles agradecemos. Con esta pequena homenaxe queremos que vexan que as temos moi presentes, e agradecemos o traballo que fan por axudar aos nosos pais na nosa crianza. 

Fixemos un mural no que cada quen representou o pobo onde vive a súa avoa e unha imaxe dela. Esperamos que vos guste! Fixémolo con todo o noso cariño. 

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamoslle o Día das Letras Gaglegas a María Victoria Moreno, gran defensora da nosa lingua, que non era galega pero namorouse do noso idioma e defendeuno e empregouno nas súas obras. Ao longo de todo o día realizamos numerosas actividades colaborativas para reflexar o inmenso traballo desta gran muller. 

Ao longo de toda a xornada realizamos diferentes actividades para dar a coñecer a súa vida e obra. Entre todos pegamos carteis por todo o cole, e realizamos unha exposición sobre a autora. Os máis grandes leron para todos a súa biografía. Os máis pequenos leron algunhos dos seus relatos breves, como "O cataventos" e "A Brétema", que nos gustaron moito a todos!! As nenas de Infantil pintaron un debuxo en pop art da súa figura. 

Pero este curso tamén quixemos destacar a importante defensa da muller que fixo esta autora, xa que María Victoria Moreno foi unha das primeiras en incluir nenas e mulleres como protagonistas dos seus relatos, unha mostra da súa loita pola igualdade de xénero nun tempo no que o papel da muller estaba moi pouco valorado socialmente. 

 

Aquí vos mostramos o debuxo que pintaron as máis novas do centro. Esperamos que vos guste!!

Excursión Sarria-Monforte

Comezamos a xornada saíndo pola mañán dirección Sarria, para acudir a unha exhibición de medios de diferentes especialidades pertencentes ao corpo da Garda Civil.

Puidemos coñecer de primeira man traballos máis específicos que realiza este corpo de seguridade. Algúns deles foron ver os materiais e modos de traballo do Seprona, Policía Xudicial, actividades de rescate subacuáticas ou o corpo de artificieiros, o cal impresionou moito as nenas e nenos polo tipo de ferramentas coas que teñen que traballar nesta especialidade, na que teñen que manexarse con explosivos. 

Vimos unha recreación de como funciona un equipo de rescate en zonas de dificil acceso, como unha montaña, e fomos conscientes da dificultade que pode haber nun rescate neste tipo de situacións. 

Con esta experiencia desfrutamos manexando e vendo as distintas ferramentas que empregan, puidemos montar e coñecer as motos e coches cos que traballan e escoitamos todas as curiosidades que nos tiñan que contar, así como valorar o importantes que son moitas das actuacións que levan a cabo. 

Por outro lado, tamén puidemos traballar co alumnado unha visión  crítica sobre perigos dos que temos falado na aula, sobre a nosa seguridade e a forma que temos de movernos e comportarnos no noso entorno, sendo conscientes dos perigos que nos rodean moitas veces, e que parecen invisibles. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut