Skip to Content

Blogue de admin

Bádminton

Un dos principais obxectivos dende a área de Ed. Física, en conxunto con todo o centro, é fomentar a actividade física e hábitos saudables no noso alumnado. 

Seguindo o programa XOGADE que desenvolvemos neste curso 2017-2018, decidimos optar pola modalidade do bádminton.

Fóra do horario escolar, os nosos nenos e nenas están a entrenar e aprender as regras deste deporte. Despois aqueles que queiran poderán participar en campionatos amistosos e competicións que se irán programando ao longo do curso. 

Algúns dos obxectivos que nos marcamos con este programa son:

  • Incrementar a participación en actividades físico-deportivas do noso alumnado. 
  • Promover hábitos de vida saudables. 
  • Aproveitar a función de cohesión social que ten o deporte. 
  • Potenciar os valores do xogo limpo, deportividade, tolerancia,cooperación e superación no noso alumnado.
  • Introducir ao alumnado en disciplinas deportivas descoñecidas ou pouco coñecidas por eles. 
  • Fomentar o movemento físico dunha maneira lúdica.

En breves saberedes máis novas sobre esta iniciativa! 

 

 

Os robots no cine

Como parte do proxecto, queremos que as nosas nenas e nenos aprendan o máximo sobre o mundo da robótica e os avances científicos que se están a desenrolar oxe en día. 

Nesta ocasión pensamos en empregar o cine como unha ferramenta para tratar un tema tan complexo como o bo uso ou mal uso da tecnoloxía, e neste caso dos robots. Escollemos "Big Hero 6", unha película de animación que gustou dende os máis pequenos/as aos máis mariores (incluindo ao profesorado). 

Resultounos moi interesante para traballar a intelixencia emocional, a creatividade, a superación das pérdidas e a importancia do traballo cooperativo para conseguir os nosos obxectivos. Por outra banda vimos a importancia de ser conscientes das boas aportacións que poden traernos os avances tecnolóxicos pero tamén das graves consecuencias dun mal uso. 

Outras películas que podemos empregar neste proxecto poden ser Intelixencia Artificial, de Steven Spielberg, ou WALL-E, no que se trata transversalmente o coidado do medioambiente. 

 

 

Proxecto "Autumn Leaves"

Na aula de Infantil estivemos levando a cabo durante o primeiro trimestre un proxecto en inglés sobre o outono e sobre todo o relacionado con esta estación. 

Durante estes meses aprendemos unha gran cantidade de novas palabras en inglés e curiosidades sobre o outono. Por exemplo traballamos coas cores, practicamos os números, a roupa que poñemos nestas fechas, realizamos a lectura e dramatización dun breve poema en inglés, analizamos como cambia a natureza nesta estación, festexamos o Halloween como o fan nenos e nenas noutros países de fala inglesa e puxémolo en contraste co noso Samaín. 


A modo de pequeno resumo fixemos o seguinte poster dixital, co cal as nenas de infantil se divertirán moito vendo o producto do seu traballo ao mesmo tempo que se inician no manexo das novas tecnoloxías. 

Non o perdades! 

Se non conseguides ver ben aquí o poster dixital, premede na seguinte ligazón: 

https://edu.glogster.com/glog/autumn-project/2nvej32jhgj

Hurry up!

Para traballar a roupa e expresións que empregamos nestas épocas do ano tan frías, estivemos traballando a seguinte canción coas nenas de Infantil. Divertímonos moito imitando as persoaxes e cantando a canción, e collemos algunha expresión para as nosas rutinas diarias. 

Blockly Games

Este é o noso primeiro ano traballando con este tipo de material polo que vimos moi importante que o punto de partida para comezar a traballar a programación e a robótica fora o desarrollo do pensamento computacional no noso alumnado. 

Para levar a cabo este tarefa que, a priori, pode parecer unha labor tediosa e complicada, empregamos xogos nos que os nenos poden, de maneira moi intuitiva, ir desarrollando as capacidades e habilidades que, máis adiante, precisarán para programar o robot ou realizar certos retos. E todo isto dunha maneira lúdica. 

Darse conta de que un robot non é un ser autónomo, que soamente vai responder ao que nos lle decimos ou o feito de que se algo faia é porque algun paso realizamos erroneamente, fai aos nosos nenos e nenas conscientes do seu rol neste tipo de actividades, cambiando a súa forma de pensamento: máis reflexivos e capaces de ir paso a paso, traballando en grupo e chegando a conclusións conxuntas e afrontando o erro como parte dun proceso

Con estes mini-xogos e o uso da programación conseguimos repasar contidos como os ángulos, as coordenadas ou a orientación espacial, entre outros. Moi recomendable. 

Aquí vos deixamos o link ao xogo para prácticar o empregar nalgunha actividade, e imaxes das nenas e nenos de 4º, 5º d 6º traballando con el. 

Juegos de Blockly

Distribuir contido


by Dr. Radut