Skip to Content

Blogue de admin

Programación creativa na igualdade

O pasado xoves 19 de Abril, tivemos unha xornada moi especial para conmemorar o "Día internacional das rapazas nas TIC", que é o día 26 de Abril.

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria participou nun taller que, ademáis, está vinculado a dous proxectos que levamos a cabo no centro: "Donas de sí" e "Introducción á robótica na educación primaria".

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade ofertaron unha nova edición do seguinte taller: 

Programa Diana:

"Talleres de Programación Creativa na Igualdade". 

Nesta xornada o alumnado estivo a visualizar videos nos que puideron ver os avances tecnolóxicos que foron ocorrendo nos últimos anos no eido da robótica e da programación, así como da man de quen foron producidos, facendo especial fincapé no papel da muller no mundo da informática, programación, robótica e tecnoloxías STEAM, papel que moitas veces é solapado dando a coñecer soamente os logros de figuras do xénero masculino. 

Programación creativa na igualdade

O pasado xoves 19 de Abril, tivemos unha xornada moi especial para conmemorar o "Día internacional das rapazas nas TIC", que é o día 26 de Abril.

O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria participou nun taller que, ademáis, está vinculado a dous proxectos que levamos a cabo no centro: "Donas de sí" e "Introducción á robótica na educación primaria".

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade ofertaron unha nova edición do seguinte taller: 

Programa Diana:

"Talleres de Programación Creativa na Igualdade". 

Obradoiro de Queixo no comedor escolar

Oxe realizamos no comedor escolar un obradoiro no que aprendemos todo sobre a elaboración de queixos. Nesta actividade, que é parte do proxecto "Lácteos na escola", acompañounos no centro Chelo, da Casa Quintián, leite que consumimos nos recreos nas nosas merendas saudables. 

Da súa man o alumnado puido ver que tratamentos necesita o leite para realizar un queixo, os ingredientes, as ferramentas que necesitamos e as medidas hixiénicas e sanitarias que debemos ter para un bo tratamento do producto. 

Tamén puideron ver e manipular ferramentas tradicionais e antigas para a elaboración de callada e manteiga, outros productos lácteos que están acostumados a consumir. 

Todos puideron participar en cada paso do proceso, elaborando finalmente os seus propios queixiños, que oxe levamos para a casa logo de respectar o tempo necesario no refrixerador. 

Gracias a Chelo por este xenial obradoiro. Adiviñades cal foi o postre de oxe no comedor? Exacto! As nosas propias elaboracións. 

Aquí vós deixamos o proxecto desenvolto para visualizar e as fotos da xornada.

CAMPIONATO XOGADE DE BADMINTON- FASE ZONAL

O pasado Domingo 8 de Abril viaxamos a Chantada para participar na fase zonal do campionato Xogade de bádminton. Foi un gran día para nós, no que aprendemos a gañar e a perder, aceptando os resultados con deportividade.

Tivemos a oportunidade de practicar o badminton xogando con nenas e nenos doutros Centros escolares, como os de Taboada, Chantada e Sarria e O Sabiñao. Ao finalizar o torneo houbo medallas para todos e todas!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos!!

 

Traballando ángulos

Cada día explicamoslles aos nenos e nenas que o que aprendemos nos libros debemos empregalo na nosa vida diaria, que non soamente debémos memorizar o contido. 

Mediante os proxectos que levamos a cabo no centro, conseguimos que vexan utilidade aos coñecementos que traballamos na aula previamente. 

Neste caso, na aula de mátematicas de 4º,5º e 6º de Primaria estivemos a tratar un problema que nos xurdíu no noso horto e invernadoiro escolar. 

Todos os días o alumnado vai regar o horto, pero se queríamos que as nosas pequenas plantas medraran moito e tiveran todos os nutrintes e vitaminas que logo íamos consumir no noso comedor, debíamos buscar outra maneira de rego. 

Que se nos ocorreu? Un aspersor! 

 

Pero agora viña o problema...Como instalábamos ese aparato? Hacia onde tiña que mirar? Cal era o punto do horto no que debiamos clavalo para que regara todo a partes iguais? 

Foron moitas as preguntas que nos fomos facendo, así que puxémonos máns á obra e empezamos a empregar o que aprendemos na aula: medimos, calculamos e empregamos os famosos ángulos, que sempre debuxamos nas libretas pero que parecen carentes de significado. 

Distribuir contido


by Dr. Radut