Skip to Content

Blogue de admin

Benvida ao curso 2018-2019

Benvidos/as ao

CEIP PLURILINGÜE DE LOUSADA!!

Esta é a páxina do noso centro, aberta a toda a comunidade educativa. Con ela pretendemos dar a coñecer as actividades que vamos realizando.

O horario escolar será de 9:30 a 15:30h. 

Podedes descargar o calendario escolar 2018-19 premendo aquí

Agardamos que sexa un ano cheo de proxectos, aprendizaxe, xogos e historias.

Comezamos! 

Gañadores 1º Premio no concurso "FAITE ECO DO LÓXICO"

Como parte do proxecto "Alimentate Ben", na modalidade "Faite ECO do Lóxico", o alumnado de 5º e 6º de primaria elaboraron un ECO-DOCUMENTAL que presentamos ao primeiro concurso "Faite ECO do LÓXICO", proposto por CRAEGA, consello regulador da agricultura ecolóxica en Galicia. 

O alumnado deseñou as partes das que contaría o seu documental, pensou os contidos e as preguntas para as entrevistas realizadas, coordinou os escenarios ou fondos máis adecuados e lanzáronse a facer a grabación deste proxecto final, no que entrevistaron ao resto do alumnado do centro e mostraron todas as actividades levadas a cabo no eido deste proxecto. 

Como resultado final, conseguiron quedar como gañadores/as desta primeira edición.

Noraboa para todo o alumnado do centro!

Fixestes un gran traballo ao longo deste curso. 

Aquí podedes ver o noso ECO-documental, e tamén o enlace á páxina web do CRAEGA onde sae a resolución do concurso. 

https://www.craega.es/xa-temos-colexios-ganadores-no-concurso-fai-eco-do-loxico/

Resumo proxecto Robótica - Curso 2017-2018

Xa rematamos un curso escolar máis! E con el acabamos o noso proxecto de "Introducción á robótica educativa", co cal non podemos estar máis contentas e contentos. 

Foi un ano no que descubrimos moita nova información, desmentimos algun mito que tiñamos sobre este tipo de tecnoloxía e traballamos conxuntamente para medrar máis persoalmente e cognitivamente. 

Foi un gran traballo de todo o alumnado e profesorado, dende cero, xa que nunca se traballara con este tipo de recursos, polo que estamos moi orgullosas/os do acadado. 

Realizamos este pequeno video para resumir algunhas das actividades realizadas, e por que creemos que a robótica é un bo recurso para traballar co noso alumnado. 

Sen máis, rematamos esta aventura! Pero en breves comezaremos a pensar o reto que levaremos a cabo o vindeiro curso 2018-2019....CONTINUARÁ! 

Restaurant films!

Restaurant Films!

 

 

As an end of term project, we decided to use our food vocabulary to create short films set in restaurants. To prepare, in groups the children designed their own menus with starters, main courses, desserts and drinks for the restaurants and a script with a story board to show what they wanted to record. Each group decided on a name for their restaurant and who would be the waiter and who would be the guests. The children helped make the film and were extras in the background.  Watch them below!

 

 

OBRADOIRO DE ACROSPORT

acrosport é un deporte que combina acrobacias e coreografías. É unha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos. Este deporte ten tres elementos fundamentais:

  • Formación de figuras ou pirámides corporais.

  • Acrobacias e elementos flexibilidade, forza e equilibrio.

  • Elementos de ximnasia, saltos e piruetas ximnásticas.

Como nos gusta probar cousas novas decidimos experimentar con esta modalidade.

Ao comezo resultou moi difícil manter o equilibrio, pero pouco a pouco conseguimos facer moitas figuras.

A nos encantounos esta experiencia e queremos compartila con todos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut