Skip to Content

Blogue de admin

A orixe do cine e da animación

LUCES...CÁMARA...ACCIÓN!!

Comezamos a por en marcha actividades enmarcadas no proxecto "Nós tamén creamos".

Este proxecto, no que participará o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria, versará sobre o mundo do cine e da animación, proxecto no que realizarán un STOP MOTION dun libro de literatura galega que elas/es memas/os escollan entre unha colección deles. 

Pero este amor polo cinema será extendido a todo o alumnado do centro, dende a Educación Infantil ata os cursos máis altos da Educación Primaria, polo que todo o centro se mergullará no mundo do cine e da animación empregando diferentes estilos, técnicas e diferentes recursos.

Para saltar dentro deste proxecto, decidimos comezar dende o principio, polo que no centro realizamos un taller de animación e orixe do cine.

Primeiramente o alumnado expuxo as súas ideas previas sobre o cine, os seus gustos e como pensan que comezou este arte e cando (case o adiviñan).

Primeiros pasos con DOC

 

 

Neste segundo trimestre, o alumnado de 1º, 2º e 3º comezará a traballar máis no mundo da robótica co noso robot DOC.

Para comezar as nenas e nenos realizarón un brainstorming para buscarlle un nome ao robot, e despois dunha dura votación, o nome escollido foi TINTÍN.

Durante este proxecto crearemos un rincón permanente de robótica educativa. Nel o alumnado poderá traballar co robot de maneira guiada nalgunhas actividades, pero tamén de maneira autónoma, podendo atender deste xeito aos diferentes ritmos de aprendizaxe que nos atopamos na aula.

O robot acompañaranos non soamente nas sesións específicas de robótica que realizará o alumnado destes niveis, senón que tamén o empregaremos para adquirir e repasar os contidos de distintas materias dunha maneira lúdica ao longo deste trimestre mediante o planteamento de diferentes actividades e creando taboleiros que empregarán para explorar este tipo de recursos en función da temática proposta.

Sorpresas á volta de Nadal!!

Regresamos das festas de Nadal!

Todas e todos viñamos coas pilas cargadas, aínda un pouco durmidas/os por ser o primeiro día pero con ganas de falar e contar todo o que fixeramos durante estas semanas.

Pero a pesar do que puidera costar voltar á rutina, cando chegou a hora do recreo atopamos estas sorpresas na nosa biblioteca escolar que nos fixeron abrir os ollos de par en par!

Unha morea de Legos para continuar coas nosas ansias de construir e crear, que como sabemos, o xogo non esta reñido coa aprendizaxe, senón todo o contrario. Os regalos perfectos para continuar cos proxectos relacionados coas STEAM que levamos a cabo durante este curso.

Seguro que pasaremos grandes momentos durante os nosos recreos e empregandoos tamén nas nosas clases!

 

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!

Escollendo a temática este ano do noso mural de Nadal decidimos inspirarnos nas paisaxes artísticas de Vicent Van Gogh.

O alumnado de 4º, 5º e 6º do centro decorou o fondo do noso mural coa sua versión do cadro "A noite estrelada", logo de falar sobre o artista e analizar as cores e a paisaxe da súa obra, traballando a pincelada tan característica deste artísta.

Mentras, o alumnado de 1º, 2º e 3º cambiou o cripres do cadro orixinal pola nosa árbore reciclada de nadal, decoraron adornos para ela e entre todos enviaron as seguintes mensaxes e desexos navideños para todas e todos:

LOVE 

PEACE

HORTO E COMPOSTEIRO - READY...STEADY...GO!

O outono está a rematar, e a folla das árbores caducas xa está case na súa totalidade no chan da nosa escola.

E que pensamos? Que podiamos empregar este recurso que nós da a natureza para abonar o noso horto escolar e poñer en marcha o noso compostoiro un ano máis.

O alumnado de todo o centro participou segundo as súas capacidades nas distintas tarefas que requiría esta actividade que realizamos dentro do marco do plan proxecta “Aliméntate Ben”: rastrelamos as follas, recollémolas, quitamos as malas herbas do noso invernadoiro, transplantamos algunhas leitugas e plantas que quedaban nel...

Como comprobamos noutros cursos, o horto escolar está a representar unha gran fonte de aprendizaxe, favorecendo a súa vez o desenvolvemento da psicomotricidade, expresión e creatividade dos/as nosos/as pequenos/as.

Son moitos os aspectos que nos permite traballar de maneira transversal este proxecto. Por un lado xerar inquietude sobre as ciencias naturais, falando das plantas e árbores e dos animais terrestres, como vermes se insectos, que vamos atopando. Por outro lado fomentar un bo desenvolvemento psicomotriz dunha maneira lúdica, no que cada alumna/o pode ir desenvolvendo as súas capacidades a diferentes ritmos e de maneira intuitiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut