Iniciar sesión: Acceso

NETFIT EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

Hola rapaces!

Espero que todos e todas estedes pasando este tempo de quedarse na casa o meior posible.

Dende este blog, non podía ser doutra maneira, veño a propoñervos un pouco de movemento.

Na miña familia establecimos un horario que fai que sepamos que facer máis ou menos ao longo do día. Aínda que temos momentos para cada un, penso que é beneficioso seguir mantendo unhas rutinas.

Unha delas é facer todos os días as 7:00 exercicio todos xuntos.

Tendo en conta o pouco espazo que temos para movernos (se vives nun piso), e o moito que estamos comendo...polo menos nós (tamén temos no horario cociña lambona), iranos moi ben movernos un pouco.

Non podemos esquecer que o deporte xenera endorfinas, que para que entendades, é algo que o noso corpo precisa e fai que estemos máis contentos e felices.

Por todo iso, deixovos as miñas propostas, que irei actualizando.

Recordade, podedes practicalo vós sos, en familia, facer un cartel anunciando a clase, ver antes un dos vídeos e prepara vós a clase para o resto, facer un vídeo cos exercicios e compartila cos vosos compañeiros polas redes que vos deixen os maiores....tedes moitas posibilidades.

Entre todos podemos !

ÁNIMO E A MOVER O CU!Guiño

LIDIA

 

https://view.genial.ly/5e6b324a7b05bf0fbc2139ca/game-action-que-hacer-en-casa

https://view.genial.ly/5e707aef45bfe40fc00b16f2/game-labirinto-motor-infantil-2o-ep

AdxuntoTamaño
calendario-marzo.pdf.pdf.pdf155.99 KB
14 días - 14 retos.pdf748.87 KB