APERTURA DA BIBLIOTECA

Bo día nenos e nenas! Hoxe, 24 de outubro é o día da bibliotecas escolares e con este motivo queremos anunciarvos que a partir de mañá abrimos a biblioteca do cole. 

Como xa sabedes, este ano o proxecto de centro é o Camiño de Santiago. Ao longo do curso traballaremos sobre este tema e afondaremos nalgúns dos camiños máis relevantes e empregados polos peregrinos. 

Nos próximos días anunciaremos os horarios de biblioteca no recreo así como os solicitados para o empréstito de libros.

Lede, creade e imaxinade.

Bo camiño!

OLIMPIADA DO SABER

 

Pregunta nº 8 e última de esta olimpíada 2020-2021:

 

Podo compartir o material do cole cos meus compañeiros e compañeiras de clase? Por que?

 

Se tes algunha pregunta sen contestar, aínda estás a tempo!! Ánimo e ata o curso que ben !!!

OLIMPIADA DO SABER

 

 

Pregunta número 7:

 

Cándo debemos cambiar a nosa máscara?

OLIMPIADA DO SABER

 

 

Pregunta número 6:

 

Qué partes da cara debe tapar a máscara?

 

 

OLIMPIADA DO SABER

 

 

PREGUNTA NÚMERO 5:

 

CÓMO DEBEMOS ESBIRRAR?

 

OLIMPIADA DO SABER

Pregunta número 4:

 

Por que debemos lavar as mans ou usar hidroxel frecuentemente?

OLIMPIADA DO SABER

 

 

Pregunta número 3:

 

Por que debemos evitar tocarnos os ollos, o nariz e a boca?

 

OLIMPIADA DO SABER

 

Ola! despois do descansiño que nos deu o Entroido volvo coa segunda pregunta da olimpiada:

 

2.- CAL É A DISTANCIA MÍNIMA QUE DEBEMOS MANTER COS DEMÁIS PARA EVITAR CONTAXIOS DE COVID19?

 

 

OLIMPIADA DO SABER

 

OLA! Son o Rato da Biblioteca. Este curso é "especial" xa que moitas das actividades que facíamos na biblio hai que facelas de xeito diferente.

Comezamos unha nova Olimpíada do Saber. E xa imos pola 8ª!

É moi sinxelo! Cada pregunta aparecerá publicada neste blogue o martes de cada semana. Tédela que copiar no espazo do voso caderno que lle corresponda.

E logo despois...toca investigar! E escribir a resposta no caderno.

 

1ª pregunta : Que é un coronavirus?

Ortiarte

ORTIARTE é unha exposición de todo o traballo no cole con respecto á temática establecida no Proxecto Documental Integrado que este ano era sobre a arte.

 

Powered by Drupal - Design by artinet