O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO FRANCÉS E O CAMIÑO INGLÉS)

Aquí vos deixamos o traballo que fixeron os alumnos/as de 5º sobre o camiño de Santiago.

Neste caso, os nenos e nenas de 5º A traballaron no camiño francés e os de 5º B, no camiño inglés.

A que lles quedou ben bonito?

 

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Ola rapaces! 

Neste estante poderedes ir vendo as novidades que imos adquirindo para a biblioteca do colexio.

Botádelles un ollo que hai moitos contos que vos van encantar!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

MURAL PARA O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ola nenos e nenas!

Na anterior entrada do blogue mostramos o recuncho que creamos na biblioteca para o dia da diversidade funcional.

Despois de traballar a semana pasada sobre este tema, creamos un mural con distintas pezas de crebacabezas. Nestas pezas tiñamos que poñer palabras relacionadas co tema e co que traballáramos ao longo da semana.

A que nos quedou un mural moi bonito?

SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

 

Esta semana conmemoramos no noso centro o día da Diversidade Funcional.

 

Desde a biblioteca participamos nesta celebración e fixemos o recuncho "Nesta biblio encaixamos todos"

 

 

Neste recanto poderedes atopar un montón de libros sobre esta temática.

 

Ademáis podedes comprobar cómo len as persoas con dificultades visuais a través do sistema Braille.

 

 

Tamen atoparedes un pictograma da biblio e unha fotografía na que podedes ler biblioteca na linguaxe de signos.

O CAMIÑO DE SANTIAGO POR 6º EP

Hoxe traemos o gran traballo que fixeron os nenos e nenas de 6º sobre o Camiño Protugués e A Orixe. Son dous camiños moi diferentes e con diversas etapas. Para coñecelos tiveron que buscar información sobre cada lugar polo que pasa. 

Deixámosvos un pequeno resumo do mural que elaboraron. Son uns artistas!

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO

O MAGOSTO NA ESCOLA

Aquí vos deixamos un pequeno resume do libro que elaboramos para celebrar no cole o Magosto. 
 
 
AdxuntoTamaño
O MAGOSTO NA ESCOLA.mp411.59 MB

CADERNO LECTOR

Este curso, como novidade, estamos a traballar co caderno lector. Por cada libro que leas, gañarás un selo do rato da biblioteca.

 

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, traballan con este modelo do caderno:

 

En 2º e 3º, traballan con este outro:

 

 

E para os maiores de 4º, 5º e 6º un pouquiño máis completo.

LEMA BIBLIOTECAS ESCOLARES

O lema das bibliotecas proposto para este ano é "A biblioteca escolar ten a palabra".

Vosoutros tamen tedes a palabra, creando e inventando contos. Deixade voar a vosa imaxinación.

 

RECREOS NA BIBLIOTECA

XA TEMOS ABERTA A BIBLIOTECA NO RECREO!

Aquí vos deixamos o horario para poder acudir no recreo á biblioteca no 1º trimestre. 

Disfrutade dos contos e da biblioteca.

Seguide lendo, creando e imaxinando.

Bo camiño!


 

 

 

 

HORARIO DA BIBLIOTECA PARA OS PRÉSTAMOS DE LIBROS

Boa tarde nenos e nenas! 

A continuación deixamos o horario da biblioteca para os préstamos de libros.

Powered by Drupal - Design by artinet