10º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

Chegamos ao final destas Olimpiadas do saber sobre "O camiño de Santiago".

O rato da biblioteca quere facervos unha última pregunta para que investigades durante esta semana.

Unha vez que rematedes o caderniño das Olimpiadas, recordade traélo ao colexio.

XA SODES UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO! PARABÉNS POR TODO O TRABALLO REALIZADO NESTAS SEMANAS.

Aquí vos deixamos a última pregunta.

9º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

Que tal as vacacións de Semana Santa?

Xa estamos de volta e, polo tanto, seguimos coas nosas Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago. 

Só nos quedan dúas preguntas para rematar o caderniño.

Desta vez o rato da biblioteca déixouvos a seguinte pregunta.

8º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

 

Chegamos a última semana deste segundo trimestre e, con ela, o rato da biblioteca faivos a seguinte pregunta para o voso caderniño das "Olimpiadas do saber".

Vémonos á volta de Semana Santa coas dúas últimas preguntas.

Pasádeo moi ben!

HAIKUS POLO DÍA DA POESÍA

Ola nenos e nenas.

Hoxe mostrámosvos un traballo que elaboraron os máis maiores do colexio para celebrar o día da poesía.

Escoitástedes algunha vez a palabra "Haikus"? Soa raro, verdade?

Pois os Haikus son breves poemas que teñen a súa orixe en Xapón.

Mirade que bonitos lles quedaron!

EXPOSICIÓN SOBRE "O CAMIÑO DO HUMOR" DE DAVILA

Hoxe traémosvos unha exposición que fixo a profe Gloria de música sobre "O camiño do humor" de Davila na entrada do colexio.

Non dubidedes en botarlle un ollo cando pasedes por alí. As diferentes culturas, linguas, persoas, etc. O camiño de Santiago está cheo de diversidade.

Déixamosvos aquí a mostra.

7º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

Ola nenos e nenas!

Comeza outra semana e xa imos pola sétima destas Olimpiadas do saber.

Cada vez queda menos e o rato da biblioteca continúa a poñervos novos retos. 

Como levades a investigación sobre o camiño de Santiago? Estádesvos a convertir nuns auténticos profesionais nesta temática.

Aquí vos deixamos a seguinte pregunta.

A MULLER NA PRENSA

Neste mes de marzo ten un papel moi importante a muller e, desde o cole, non queríamos deixar pasar a oportunidade de indagar e reflexionar máis sobre este tema. Desta maneira, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria buscamos artigos na prensa onde se falara das mulleres en diferentes ámbitos, dos seus logros, preocupacións, oficios, etc.

Aprendimos, debatimos e enriquecémonos moito con esta actividade.

A continuación dexámosvos o mural que elaboramos.

 

6º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

 

Está a piques de comezar unha semana nova e, como sempre, o noso rato da biblioteca proponvos un novo reto.

Preparados para seguir investigando?

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Estas últimas semanas estamos tendo un montón de actividades e visitas.

A última foi o pasado xoves, 17 de marzo. Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Nesta visita tiveron a oportunidade de familiarizarse coa lingua de signos. Ademáis contáronlles un contacontos que lles encantou.

Deixamos a continuación unhas imaxes sobre este día.

VISITA DA XORNALISTA ANA F. CUBA

 

O pasado martes 15 de marzo recibimos os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria a visita da xornalista de Ana F. Cuba.

Previamente a esta visita e co motivo do 8M (Día da Muller) e da semana da "Muller na prensa", investigamos sobre a profesión de Ana e recollimos algúns artigos que foi publicando ao logo dos anos.

Ana F. Cuba é unha xornalista que traballa no periódico de "La Voz de Galicia" e encárgase de facer artigos e recoller e contrastar información sobre noticias de Ortigueira e dos concellos do arredor.

Na súa visita puidemos coñecer máis en profundidade en que consiste ser xornalista, que tivo que estudar, os pasos que segue para recoller a información, contrastala e logo redactala, etc.

Aprendimos un montón de cousas novas e, ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas. Foi unha charla moi interesante e entretida.

Deixámosvos algunhas fotos deste día.

Gústannos moito estas visitas!!

Powered by Drupal - Design by artinet