5º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

 

Comezamos nova semana e con ela o rato da biblioteca proponvos unha pregunta para seguir investigando sobre o camiño de Santiago.

O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO DO NORTE)

Hoxe traémosvos o mural sobre o camiño de Santiago que elaboraron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria. Investigaron sobre o Camiño do Norte que comeza en Irún e remata, como todos eles, en Santiago de Compostela.

Deixámosvos unha mostra sobre o seu traballo.

OBRADOIRO DE IGUALDADE 8 DE MARZO

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primario fixeron esta semana un obradoiro sobre a igualdade. Para isto, traballaron cun caderno dos Bolechas titulado "Pola igualdade".

A continuación deixámosvos fotos do taller.

Que teñades unha boa fin de semana!

Recordade que a próxima semana subiremos a seguinte pregunta das Olimpiadas do saber.

O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO DO INVERNO)

Hoxe traémosvos o mural que elaboraron os nenos e nenas de 3º de primaria sobre o camño do inverno. 

Fixeron un traballo estupendo e aprenderon moito deste camiño!

Deixámosvos unhas fotos.

 

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Ola nenos e nenas!

Como xa sabedes, hoxe día 8 de marzo, celebramos o día da muller.

Sabemos que en cada aula estivéstedes traballando e aprendendo moito sobre mulleres que fixeron historia por todo o mundo.

Desde a biblioteca propoñémosvos un xogo. Deixámosvos o seguinte genially onde vades poder atopar un pasapalabra moi divertido.

Animádevos a facelo!

 

4º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

 

 

Bo día rapaces e rapazas. Entramos na cuarta semana das Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago. 

Neste caso o ratiño da biblioteca quérevos facer a seguinte pregunta.

Moito ánimo! Xa queda menos!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hai un par de semanas celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. Investigamos sobre a vida da autora, coñecimos obras súas e fixemos algunhas actividades como as que ides ver a continuación.

Photocall

Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasamos sendo Rosalía por un momento.

MARCAPÁXINAS

Tamén elaboramos uns marcapáxinas para recordar este día.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO"

 

A semana pasada investigástedes sobre o que era a Compostelana. Desta vez, o ratiño quere facervos unha pregunta sobre os Km que teríamos que facer para obter a Compostelana.                                                   

Moito ánimo!

Seguimos camiñando!

O BUZÓN DA AMIZADE

Como xa sabedes, este mes de febreiro tivemos moitas festividades. Unha delas foi o 14 de febreiro, o día de San Valentín. Para celebralo desde o colexio fixemos a actividade, o "Buzón da amizade", que consistía en elaborar unha carta a un ou máis compañeiros/as para desexarlle un feliz día e dedicarlle unhas bonitas palabras sobre a amizade. 

TIVEMOS UN MONTÓN DE CARTAS! QUE ILUSIÓN NOS FIXO LELAS!

Deixámosvos unhas fotos de recordo.

Powered by Drupal - Design by artinet