Puntos Lectores na Vila

Pérez Polo

Como ben saberedes o equipo de biblioteca leva anos impulsando unha iniciativa superbonita que cada día ten máis adectos: Aquí tamén se lee. Dende fai máis de catro anos a Vila de Ortigueira conta con locais e establecementos comerciais que colaboran nesta iniciativa. A biblioteca do colexio aporta unha mochila de contos e o establecemento colaborador habilita un lugar no seu local para colocar un punto lector. Deste xeito, as nenas e os nenos poden ler un ratiño mentres as súas familias fan compras. 

Nesta ocasión estamos de noraboa xa que contamos con tres negocios máis na Vila que forman parte da rede de puntos de lectura: A farmacia Leal na Penela, a moblería Irmáns Pérez Polo e a zapatería Goga. Con estes tres xa son oito os locais colaboradores. Recordemos cales son:

1. Perruquería Georgina

2. Perruquería Campos

3. Farmacia Sandomingo (Cantón)

4. Farmacia Mercedes Fraga (Salgueiro)

5. Óptica Ortigueira (Salgueiro)

e dende agora:

6. Farmacia Leal (Penela)

7. Mobles Pérez Polo

8. Zapatería Goga (Estrada Xeral)

Moitas grazas a todos pola súa colaboración!!!!!!!

Paco Nogueira

Recén saídas do forno, aquí vos deixamos algunhas das instantáneas que recollen a máxica sesión de contacontos vivida a semana pasada na biblioteca do colexio polas nenas e nenos de educación infantil. Esperámos que vos gusten!!!!!

 

 

Prensa na Escola

A semana pasada o alumnado de cuarto, quinto e sexto do colexio tiveron a oportunidade de asistir á charla "Prensa na escola" na Fundación Ortegalia. A conferencia correu a cargo de Vanesa Trevín que encandilou aos nen@s coas súas explicacións.

O profesorado de biblioteca quere agradecer a Vanesa e á Fundación Ortegalia a súa colaboración.

Facede clic na imaxe para ver as fotos do evento.

Finaliza a Olimpíada do saber 2016

A semana pasada finalizou a proposta de cuestións da Olimpíada do saber 2016. Todo o alumnado participante pode entregar o caderno coas respostas ata o vindeiro día 15 de abril (inclusive) na biblioteca do colexio. Despois desta data, abrirase un prazo para a revisión e corrección dos cadernos. Non o deixedes para o último día!!!!!!!

Visita de Paco Nogueiras

Hoxe as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron con gran sorpresa ao contacontos de Kalandraka Paco Nogueiras. O famoso contacontos realizou unha maxistral actuación tocando varios paus literarios: a poesía, a lectura de contos e a canción. Entre os contos que se escoitaron estaban:

  • Despois da chuvia
  • Cantarolas
  • A que sabe a lúa
  • O cabalo azul
  • ...

Despois de máis dunha hora de actuación, Paco foi despedido cun gran aplauso de todas as nenas e nenos de infantil e mais do profesorado alí congregado.

Charla "Prensa na escola"

O vindeiro día 18 de marzo, ás 11:00 da mañá, celebrarase na Fundación Ortegalia a charla "Prensa na escola" destinada ao alumando de 4º, 5º e 6º de primaria.

Powered by Drupal - Design by artinet