Comeza a Olimpíada do Saber

O vindeiro luns 11 de xaneiro comezan as Terceiras Olimpíadas do saber.

CONTESTA XA Á PRIMEIRA PREGUNTA!!!!!!!!!

Aberto o prazo de inscricións para as Olimpíadas do saber

Última semana para inscribirse ás Terceiras Olimpíadas do saber. NON AS DEIXES PASAR!!!!!!!!!

Xa temos título para a PDI deste curso académico

Como xa saberedes fixemos unha elección por parte de todo o centro para decidir o nome da PDI deste ano. Nun gran mural feito polo nen@s de tres anos, cada titoría foi pegando as súas propostas. Tamén se aceptaron propostas individuais. O tema da PDI deste ano: As emocións e entre unha morea de títulos marabillosos, o equipo de biblioteca elixiu o seguinte:

Eu #sinto

Novo recuncho de libros electrónicos

Dende fai unha semana contamos na biblioteca do colexio cun novo recuncho de lectura, ocupado por libros electrónicos. Os ebooks estarán dispoñibles para todo o alumnado de primaria do centro. Serán @s titores, o profesorado da biblioteca e o alumnado colaborador, os encargados de xestionar e organizar o seu uso nas diferentes situacións nas que se utilizarán. 

Se eres alumn@ de entre terceiro e sexto de primaria poderás utilizar os libros electrónicos na hora do recreo. Busca a un compañeir@ colaborador da biblioteca e pídelle un exemplar, eles explicaranche o seu uso e axudaranche no que necesites.

Contamos cunha gran variedade de volúmenes para todos os gustos. Nembargantes, estaremos encantad@s de escoitar as vosas propostas. 

 

Esperamos que os disfrutedes!!!!!!!!

Formación para os colaboradores da biblioteca

Hoxe na hora do recreo, o alumnado colaborador da biblioteca realizou unha pequena sesión de formación, impartida polo profesorado do equipo de biblioteca. A primeira parte da sesión dedicouse a un concepto moi concreto: O VOLUNTARIADO. Tod@s el@s son voluntari@s xa que responderon activamente á chamada dunha organización (equipo de biblioteca) para a participación dun proxecto (proxecto Plambe), sen recibir remuneración económica e comprometéndose cunhas tarefas, funcións e uns horarios. Para aclarar estas cuestións, realizouse o visionado de dous vídeos sobre o tema que de seguido vos deixamos (PREME NO TEXTO):

ES TÚ MOMENTO. HAZTE VOLUNTARIO

 

TIPOS DE VOLUNTARIADO

 

 A segunda parte da sesión adicouse á formación sobre a xestión, coidado e utilización dos libros electrónicos da biblioteca. 

Os Virulillos visitan as garderías

O pasado venres, o grupo de teatro os Virulillos voltaron á escena coa súa recén estreada obra "O outono". Nesta ocasión foron os nenos e as nenas da garderías os agasallados coa súa presencia. A primeira sesión levouse a cabo na Escola A Galiña Azul onde foron recibidos polo nen@s e a súas mestras. Despois da actuación e dos aplausos do xoven públlico, camiñaron cara ó seguinte destino a gardería Patucos onde voltaron a representar a súa obra de teatro.

Se premedes AQUÍ poderedes ver máis imaxes.

Buscando nome ao noso proxecto

Como todos saberedes este ano a nosa PDI (Proxecto Documental Integrado) tratará sobre as emocións. Neste punto do camiño estamos na procura dun título que bautice o noso proxecto. É por iso que na entrada do colexio o equipo de biblioteca colocou unha árbore sen follas, coa idea de que entre tod@s decidamos o nome do noso proxecto. Cada clase do centro aportou as súas ideas, así como todo o mundo que por alí pasou. En breves publicaremos por fin o nome da nosa PDI.

Actuación dos Virulillos

A pasada semana o recén estreado grupo de teatro "Os virulillos" realizaron dous pases diferentes da súa obra "O outono". O primeiro pase foi interpretado para os nenos e nenas de educación infantil que aplaudiron con moitas gañas ao final da obra. 

Co gallo da celebración do magosto e do día do peón, o venres Os Virulillos voltaron a escena, desta vez ante un público de maior idade, os seus compañeiros de primaria, que celebraron con vítores a boa actuación deste xoven grupo de teatro. 

Revista literarias infantís

Revista Babar (Preme na imaxe se queres visitala)

Revista El Árbol rojo

 

Revista Imaginaria

Recursos na rede

Preme na imaxe para disfrutar da mellor colección de contos curtos para educar nen@s alegres e con valores.

Powered by Drupal - Design by artinet