Semana da prensa
O vindeiro venres 18 de marzo, celebrarase na Fundación Ortegalia, unha charla informativa titulada "Semana da prensa na escola". A charla corre a cargo da concelleira de Patrimonio Vanesa Trevín. Poderán desfrutar do evento o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. A actividade está xestionada por profesorado do equipo de biblioteca do centro.
Participación no Día da Paz
O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na colexio.
O grupo de dinamización da biblioteca presentou para todo o alumnado o Xogo da Amizade. Seguidamente recitaron Poemas Solidarios. Se premes na imaxe poderás ver as fotos do evento.
Nova actuación dos Virulillos
Pasadas as vacacións de nadal e despois dun merecido descanso, os Virulillos voltaron ao escenario. Nesta ocasión fixeron dobre sesión, unha en cada escola infantil onde representaron "El pastor y la estrella". Á primeira hora da mañá visitaron a Escola Infantil A galiña azul e máis tarde despois dun descansiño actuaron en Patucos. Se premedes AQUÍ poderedes ver a galeria de imaxes do evento.
Actuación dos Virulillos
A semana pasada, o grupo de teatro os Virulillos voltou ao escenario. Nesta ocasión, os agasallados foron os nenos e nenas das escola infantís do pobo: Galiña Azul e Patucos. Interpretaron a súa última obra de teatro "El pastor y la estrella". De seguido vos deixamos un momento da súa actuación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
virulillos.flv | 3.15 MB |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »