PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2014-2015 "FERROLEANDO POLOS LENZOS II" |
|||||
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA | |||||
INAUGURACIÓN | MOCHILAS VIAXEIRAS |
O CADRO DO ESPANTALLO | MÉRCORES POÉTICOS | ||
LIBROS AO PATIO | DÍA DO LIBRO | CONTACONTOS INFANTIL | AS FAMILIAS COLABORAN | ||
VISITA DE AUTORES | |||||
MANUEL O´RIVAS |
XELÍS DE TORO | A. GARCÍA TEIJEIRO | ANA ALONSO | ||
GONZALO MOURE | JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO | XOSÉ VIZOSO | HEMATOCRÍTICO | ||
ALICIA BORRÁS | EDUARDO HERMIDA | XOAN NEIRA | ANTÓN CORTIZAS | ||
Mª JOSÉ LEIRA | LEANDRO LAMAS | ||||
PUBLICACIÓNS | |||||
|
|
||||
DESCARGAR A GUÍA DE LECTURA DE NADAL | DESCARGAR A GUÍA DE LECTURA DE VERÁN | ||||
MEMORIA PLAMBE CEIP ISAAC PERAL CURSO 2014 - 2015 "FERROLEANDO POLOS LENZOS II" |
|||||
Biblioteca curso 14 - 15
PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2014 - 2015
DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2015
Se nos invitaran a pensar nun mes especialmente relacionado coa lectura e cos libros, ben seguro que diríamos : ABRIL. Porque ano tras ano, a historia do libro faise festiva cada 23 de abril, celebración que se remonta en España a 1926. E dende 1995, o día do libro convértese nunha FESTA MUNDIAL. |
||||||
A elección desta data débese a que un 23 de abril de 1616 faleceron dous eminentes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Queres saber algo das súas vidas en plan cómic? |
||||||
|
||||||
O obxectivo principal desta celebración das "LETRAS" é: "alentar a descubrir o placer da lectura". -UNESCO-. No noso colexio, tentamos de seguir o consello ao pé da letra. E así, durante todo o mes fixemos actividades tales como: |
||||||
No "tempo de ler", o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron ler contos aos nenos e nenas de Infantil. Saíron con eles ao patio, buscaron un lugar xeitoso, e sentados en grupiños de dous ou tres nenos e nenas por lector ou lectora, contáronlles o conto elexido. Os alumnos e alumnas de 4º utilizaron o teatrillo Kamisibai para ler o conto "O GATO SOL" para os compañeiros e compañeiras de 3º. |
||||||
Clic na imaxe central para ver todas as fotos desta actividade. |
||||||
Para non esquecer ao autor de tan recoñecida obra, propuxemos un sinxelo xogo de investigación sobre o Quixote. |
||||||
Fai clic sobre as miniaturas se queres ler de novo de que trataba. |
||||||
Non hai festa que se precie que non teña a súa música. Para esta, eleximos a canción "NUN LIBRO", da obra de Paco Nogueiras titulada "Brinca vai". Ler..., memorizar..., cantar... |
||||||
Fai clic para ler. A música ... para o día 23! |
||||||
A idea foi darlles unha imaxe relacionada co Quixote, e as nenas e nenos crearon arredor unha paisaxe relacionada coa obra de Cervantes.
|
||||||
Esforzo e imaxinación!!! |
||||||
Con todas fixemos murais e adornamos os corredores. | ||||||
No reloxo soaron as 13 horas. Saída ao patio armados cal "quixotes" con cuartilla, lapis e cores. . Primeiro homenaxeamos ao LIBRO coa canción de Paco Nogueiras: "Nun libro".
. Seguidamente, distribuídos polo patio, escribiron e ilustraron un lema sobre a importancia da lectura. Con eles adornamos as paredes do patio: ver e ler!
E nesas andábamos cando nos deron as dúas da tarde. |
||||||
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO |
||||||
VISITA DE XOSÉ VIZOSO - ABRIL 2015
|
||||||
O alumnado de 5º de Primaria recibirá próximamente a visita deste artista mindoniense, e que traballa dende hai 30 anos como deseñador do Grupo Sargadelos, onde contou co maxisterio de Isaac Díaz Pardo e a supervisión de Luís Seoane. |
||||||
Xosé Vizoso creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. Unha mostra da súa arte e da súa tenrura cos nenos pode verse nas ilustracións do libro CANTOS DE SOL A SOL de X. Neira Vilas, e noutros do mesmo autor. |
||||||
Dentro dos seus traballos artísticos destacan os CARTEIS. Máis dun centenar de carteis para festas, feiras, congresos... |
||||||
|
||||||
"Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artísticas para contemplar con lecer". -Neira Vilas- | ||||||
Xosé Vizoso di dos seus traballos: "Creo que o que máis me gusta é converter unha obra nun puzzle..., e facer que a xente teña que mirala con atención para entendela e descobrir cousas novas cada vez que a ve". |
||||||
|
||||||
Figuras deseñadas por Xosé Vizoso en conmemoración do 400 aniversario da publicación do Quixote, e interpretadas en cerámica de Sargadelos. | ||||||
22 de abril: fíxose realidade a visita tan esperada de Xosé Vizoso. Chegou cargado de ideas e de materiais. Esperábano na biblioteca os nenos e nenas de 5º curso. |
||||||
E alí foron vendo como o lenzo foi perdendo a súa cor blanca para gañar as cores que xurdían das mans e maestría de Xosé Vizoso. | ||||||
Pincelada a pincelada foi aparecendo o resultado final. | ||||||
Antes de despedirse, intercambio de agasallos; galanos, como a el lle gusta dicir. |
||||||
por deixarnos gozar coa túa arte e por axudarnos a mirar con sensibilidade.
|
||||||
CLIC NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS DESTA ACTIVIDADE |
||||||
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO: MARCOPOLA
GONZALO MOURE: ENCONTRO LITERARIO
VISITA DE ANA ALONSO
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: ESCRITOR
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2015
O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, o colexio, un ano máis conmemorou o seu aniversario. Este ano ofrecémoslle "flores", que os nenos e nenas compuxeron con diferentes papeis(agasallos, charol, folios de cores, cartolinas, papel pinocho...). De entre todas as flores elixiuse unha por aula para expor na entrada do cole. |
|||||
Velaí que fermosas ficaron!
Coas demais "axardiñamos" os nosos corredores. Flores para ROSALÍA - EU SON ROSALÍA PORQUE....
|
|||||
Ademais, cantamos "Adiós ríos, adíos fontes..." e ata houbo alguén que se atreveu a cantala a ritmo de rap.
Parabéns para Antón Pena Landeira de 6º B e as súas acompañantes! |
|||||
|
|||||
Premendo nas flores accédese a todas as imaxes do acto |
VISITA DO ESCRITOR XELÍS DE TORO
|
|||
Xoves, 18 de decembro: o alumnado de 4º de primaria recibiu a visita de XELÍS DE TORO.
|
|||
Xelís viaxou dende Londres, onde vive actualmente, para vir a falarnos dun dos seus libros, que as nenas e nenos estiveron lendo no primeiro trimestre: . |
|||
|
|||
O autor foi debullando a historia deste gato a medida que o debuxaba como fixera Rolo, o rapaz protagonista, que suxestionado polos acontecementos de certo día, debuxa un gato que cobra vida e que só os demais poden ver. Tamén Xelís vai poñéndolle ou quitándolle unllas, cairos, estrelas... | |||
|
|||
Ao final da historia, un pequeno coloquio. Os nenos, con cousas de nenos: "por que un gato?". Contestoulles que "é un dos seus animais preferidos porque son agarimosos pero á vez moi autónomos, amantes da súa liberdade, gustosos de andar ceibes". Xelís fíxolles preguntas para coñecer a súa impresión sobre a obra. Axudados polo autor, concluiron que é importante cultivar a amizade; cos amigos podemos resolver situacións que a un só lle resultarían difíciles; importante tamén ser sinceros e falar para aclarar dúbidas ou malentendidos. "Do poder da imaxinación, a necesidade de aceptación social, e mesmo a capacidade que teñen os soños para transformar o mundo..." Ben axudados, canta madurez!
|
|||
O escritor foi asinando todos os libros cun debuxo da cara dun gato. | |||
|
|||
DESPEDIUSE CANTÁNDONOS UN RAP... |
|||
por vir dende tan lonxe para estar connosco, e porque nos axudache a entender mellor os valores atopados no teu libro. |
|||
MANUEL RIVAS: ENCONTRO LITERARIO
POESÍA NO ISAAC PERAL
|
||
Os mércores poéticos dan o seu froito. Unha experiencia inesquecible en 5º: DESCUBRIMOS UN GRAN POETA |
||
Contactamos co autor da nosa poesía preferida "A brétema" de |
||
Enviámoslle as nosas opinións acerca do seu libro: "UN NIÑO NO XARDÍN", e vaia alegría!; correspondéunos e, de que maneira!. Enviounos: -un caligrama extraordinario, -un orixinal poema para a biblioteca, e -un libro cunha fermosa dedicatoria. |
||
Que mellor animación á lectura! |
||
Nesta breve presentación pódese ler o caligrama e o poema |
||
Presentacion2 from colexio
|
||
O AUTOR FALA DE SI -Fai clic para saber o que di- |
||
|
MOCHILAS VIAXEIRAS - 2014
O CONTO VIAXEIRO
O NOSO ALUMNADO DE 6º PARTICIPA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, NA ELABORACIÓN DUN CONTO VIAXEIRO | ||||
A actividade, que forma parte do programa de actividades de dinamización lingüística do Concello de Ferrol, consiste en realizar un conto ilustrado de forma colectiva ao longo de varias sesións, un conto que conteña texto e mais debuxos, realizado entre varios grupos de maneira de que a cada un deles lle corresponde traballar durante unha sesión de hora e media, na que terá que encargarse de elaborar a parte do conto que lle toque. Terá que facelo desenvolvendo o traballo que lle entregan os grupos que participaron anteriormente, elixindo unha ilustración entre as que lles entrega o grupo anterior e continuando o conto. O conto iniciouse o 15 de outubro no CEIP Recimil e durante máis de dous meses irá "viaxando" polo cole de Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol, facendo os nosos nenos e nenas a súa pequena aportación a este gran proxecto. Pero...queredes saber como vai a historia?
No noso centro participou o alumnado de 6º
O CONTO VIAXEIRO CHEGA AO SEU FIN
Esperamos que sigades connosco o devir desta apaixoante andanza creativa, da que o máximo responsable foi o alumnado dos coles de Recimil, Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol. Mais imaxes na nosa galería ou no blog do conto viaxeiro
|
||||
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
Cada 24 de outubro, a biblioteca abre as súas portas, e agárdanos cos seus andeles cheos de libros. Ai, libriños! Xusto cando as andoriñas nos deixan sen os seus chíos estivais, chegades vós: coas vosas intrigantes historias, susurrando poemas, bisbiseando segredos...
|
||
Dende 1997, cada 24 de outubro, é o teu día: DÍA DA BIBLIOTECA. Así, con maiúsculas,pois tanta cultura albergas. A proposta xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoida polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.
|
||
O ilustador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña:
"Biblioteca escolar ... matemático!!!
E velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. |
||
Toda a semana fixemos actividades que nos foron achegando ao día da inauguración: | ||
Decoramos murais para ir creando ambiente e animar á lectura. | ||
|
||
Lemos o conto: "A pintora Li-Chen". Seguimos "FERROLEANDO POLOS LENZOS". | ||
MÉRCORES POÉTICOS: cada mércores na "hora de ler", lemos poesía. Un poema diferente para cada ciclo. Pero esta semana en tódalas aulas tocou ler o poema do "VERME SOTOMAYOR".
|
||
Vimos en vídeo: "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore". Fai clic se o queres ver de novo.
|
||
Chegado o venres, todos e todas á biblioteca. A primeira sorpresa foi ver alí, para animar e participar con nós, ao padriño da biblioteca: ANTÓN CORTIZAS. Empezou o acto de inauguración cunha presentación de BELEZAS DE FERROL. Canta arte nesta cidade, a pouco que abramos os ollos! |
||
Un grupiño de nenas e nenos cantaron "O LIBRO", de Tic-Tac, que di cousas que parecen sabios consellos: "Un libro está/ sempre comigo/ e así pode ser/ o meu amigo". "Hai que ter un libro/ a carón da cama/ para poder ler/ toda a semana". |
||
|
||
Representación do conto: "O verme Sotomayor". | ||
|
||
Como colofón o "Blues do Isaac Peral". Letra e música de Fernando, que puxo orde entonando cos nenos, e acompañando coa armónica. |
||
|
||
De recordo e agasallo, un marcapáxinas moi especial: con ilustración do profesor Fernando, e texto do noso padriño: o escritor Antón Cortizas. | ||
ESTA PRESENTACIÓN GARDA UN RESUMO DA NOSA CELEBRACIÓN
|
||
PREMENDO NA IMAXE, PÓDENSE VER AS FOTOS DESTE ACTO |
||
PROGRAMA CULTURAL "O CADRO DO ESPANTALLO"
O CADRO DO ESPANTALLO | ||
O martes, 21 de outubro, os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron no proxecto "O CADRO DO ESPANTALLO". Esta actividade fíxoa posible Fina, da asociación "TI E MÁIS EU TEATRO", que "colabora na promación de actos que signifiquen progreso e benestar para as persoas e o seu entorno". Un dos seus obxectivos é dar a coñecer e recuperar as tradicións e costumes dos nosos avós. |
||
|
||
Todos se sorprenderon cando viron chegar a Fina cargada coa súa cesta chea de ourizos, bagullos de fabas, millo... Foilles contando e recreando o magosto, a esfolla; falándolles de tradicións, de historias, de contos dos nosos avós. |
||
Tamén lles puxo deberes: "Ao chegar á casa falade cos vosos maiores e que vos conten historias de espantallos, de recolleita das castañas, do millo... Porque os avós e avoas son moi sabios". Canta razón! | ||
|
Ao remate, Fina foille dando a cada un varios grans de millo para plantar no xardín ou nunha maceta. Todo un símbolo de vida! Prenderán seguro. Como prenderon as explicacións de Fina no maxín do noso alumnado. |
|
Premendo na imaxe pódense ver os nenos e nenas participando na actividade |
||