24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

     
     
 
 
 
     
 

 

 Cada 24 de outubro, a biblioteca abre as súas portas, e agárdanos cos  seus andeles cheos de libros.

Ai, libriños! Xusto cando as andoriñas nos deixan sen os seus chíos estivais, chegades vós: coas vosas intrigantes historias, susurrando poemas, bisbiseando segredos...

 

 
     
 

 

 Dende 1997, cada 24 de outubro, é o teu día: DÍA DA BIBLIOTECA. Así, con maiúsculas,pois tanta cultura albergas.

A proposta xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoida polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.

 

 
     
 

 

O ilustador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña:

 

"Biblioteca escolar ... matemático!!!

 

 E velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.

 
     
     
  Toda a semana fixemos actividades que nos foron achegando ao día da inauguración:  
  Decoramos murais para ir creando ambiente e animar á lectura.   
 

 

     

 
     
    Lemos o conto: "A pintora Li-Chen". Seguimos "FERROLEANDO POLOS LENZOS".     
     
 

  MÉRCORES POÉTICOS: cada mércores na "hora de ler", lemos poesía. Un poema

diferente para cada ciclo. Pero esta semana en tódalas aulas tocou ler o poema

do "VERME SOTOMAYOR".

 

 
     
 

  Vimos en vídeo: "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore".

Fai clic se o queres ver de novo.

 

 
     
 

 Chegado o venres, todos e todas á biblioteca.

A primeira sorpresa foi ver alí, para animar e participar con nós, ao padriño da biblioteca: ANTÓN CORTIZAS.

Empezou o acto de inauguración cunha presentación de BELEZAS DE FERROL. Canta arte nesta cidade, a pouco que abramos os ollos!

 
     
 

Un grupiño de nenas e nenos cantaron "O LIBRO", de Tic-Tac, que di cousas que parecen sabios consellos:

"Un libro está/ sempre comigo/ e así pode ser/ o meu amigo".

"Hai que ter un libro/ a carón da cama/ para poder ler/ toda a semana".

 
 

 

           

 

 
     Representación do conto: "O verme Sotomayor".  
 

 

            

 

 
 

 Como colofón o "Blues do Isaac Peral". Letra e música de Fernando, que puxo orde entonando cos nenos, e acompañando coa armónica.

 
 

 

           

 

 
  De recordo e agasallo, un marcapáxinas moi especial: con ilustración do profesor Fernando, e texto do noso padriño: o escritor Antón Cortizas.  
     
 

ESTA PRESENTACIÓN GARDA UN RESUMO DA NOSA CELEBRACIÓN

 
     
 

 PREMENDO NA IMAXE, PÓDENSE VER AS FOTOS DESTE ACTO

    

 
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet