MANUEL RIVAS: ENCONTRO LITERARIO

      

      

 

                
     
 

 

 Literatura, música e un pouco de teatro mesturáronse o martes, 15 de decembro, na biblioteca do colexio.

Ese día as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria tiveron a sorte de escoitar ao escritor e xornalista MANUEL O´RIVAS que veu contarlles

o seu libro "O raposo e a mestra".

 
 

 

Chegou acompañado dun músico que tocaba múltiples instrumentos: acordeón, serra en lata, percusión con zapatos..., e reproducían diferentes sons de animais e da natureza.Tamén interpretaron cancións populares en diferentes idiomas que aparecen no libro, tanto en galego como en inglés, francés e mesmo alemán.

  En palabras do autor: "O conto canta e as cantigas contan. Son cantares populares que permiten o encontro festeiro das diferentes linguas".

 

 
 

               

 

 
     
 

 

 Os nenos e nenas que leron e comentaron durante o trimestre O raposo e a mestra, coñecían a historia e as cancións, e así participaron activamente na representación.

 

 
 

                     

 

 
     
 

 Manuel Rivas explicounos que o nome do raposo, PINDO, era unha homenaxe que el facía ao monte Pindo, o Olimpo celta, no concello de Carnota. Contou que sentiu moita mágoa cando ardeu no verán de 2013.

 
 

 Con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, Manuel O´Rivas ofrece en O raposo e a mestra, un conto fantástico de homenaxe á natureza, á relevancia de todas as linguas, á educación... "universos precisados sempre de atención e agarimo".

 
                      
 
 
     
  Facendo clic pódense ver máis fotos deste acto  
      
     
     

Powered by Drupal - Design by artinet