Novas da Consellería
Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de EOI, Inglés
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de chinés (592004), inglés (592011), italiano (592012) e xaponés (592013)Resolución do 3 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, especialidade de Inglés (592011).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPreto de 99.000 alumnos participan este curso nas actividades do Plan Proxecta da Xunta de Galicia
Summary:
A Consellería de Educación vén de resolver a convocatoria, que este ano implica 421 centros de ensino O obxectivo é avanzar no desenvolvemento da innovación educativa a través do traballo por proxectos vinculado a áreas como a saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía ou a convivencia, entre outros moitos Idioma GallegoPreto de 99.000 alumnas e alumnos participarán este curso nas actividades vencelladas ao Plan Proxecta, no que se enmarcan as iniciativas que desenvolven os diferentes departamentos da Xunta de Galicia en materia educativa. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de resolver esta convocatoria para o presente curso 2020/21, que inclúe 41 programas diferentes. Participarán un total de 421 centros de ensino, que desenvolverán 737 proxectos distintos coa colaboración de máis de 5.700 docentes.
Por provincias, 144 centros de ensino coruñeses desenvolverán 232 proxectos, e 58 centros lucenses realizarán 103. En Ourense o número de centros participantes é de 58, que desenvolverán 116 proxectos; mentres que en Pontevedra están implicados 161 centros, cun total de 286 iniciativas. A relación de centros educativos que desenvolven cada programa pode consultarse no Portal Educativo da Xunta de Galicia.
Os programas nos que participan un maior número de centros son Proxectos de vida activa e deportiva - PDC, con 195 centros participantes; Aliméntate ben, con 77; Donas de si, con 44; Meteoescolas e Proxecto Ríos, con 32 en ambos casos, e Proxecto Terra e Correspondentes xuvenís 3.0, con 27 centros implicados en cada un deles. Nos programas Educación patrimonial e Paisaxe e sustentabilidade participarán 25 e 22 centros, respectivamente. Pode obterse información sobre os 41 programas no portal educativo.
Programas ofertadosO Plan Proxecta é unha iniciativa do Goberno autonómico, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Neste curso ofértanse un total de 41 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, a normalización lingüística e os dereitos da infancia ou a mobilidade.
Museos e Patrimonio, a novidadeDúas novas modalidades dentro do programa Educación Patrimonial entran a formar forma parte do Plan Proxecta este curso 2020/21: Museos e Patrimonio e Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning. A modalidade Museos e Patrimonio créase co obxectivo de fomentar unha colaboración estreita entre a comunidade educativa e o museo para facer deste un instrumento eficaz para a educación formal. Pola súa banda, Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning ten como obxectivo a creación dunha rede escolar de cooperación e intercambio de boas prácticas que permita a concienciación da comunidade educativa sobre a importancia do patrimonio cultural material e/ou inmaterial tanto propio como dos socios europeos.
O feito de acoller a devandita variedade de programas baixo o Plan Proxecta pretende establecer un marco xeral de colaboración entre as distintas entidades que dispoñen de programas dirixidos aos centros educativos, fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns e, ao mesmo tempo, crear unha rede de centros na que se fomente o traballo cooperativo traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixina como para o resto da comunidade educativa galega.
Información xeral Plan Proxecta Consellería de Cultura, Educación e Universidade CentrosMáis de 900 centros educativos públicos contan con plans de formación permanente de profesorado co apoio da Xunta
Summary:
Isto supón máis do 75% do total dos centros galegos A finalidade é actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes, necesarias para responder aos retos educativos actuais Idioma GallegoA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución da convocatoria dos centros públicos de Primaria, ESO e Bacharelato que van implantar Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) neste curso 20120/21, un total de 907 centros educativos públicos. Isto supón que neste momento contan con PFPP máis do 75% dos centros galegos e cada ano continúa incrementándose o número destes plans.
O obxectivo da Xunta de Galicia é actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes, necesarias para responder aos retos educativos actuais, impulsando a súa aplicación e desenvolvemento na aula, e buscando a excelencia educativa e a mellora da calidade do ensino e dos resultados escolares do alumnado.
Segundo o centro que os asesora no desenvolvemento dos PFPP, ben sexa o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) ou os Centros de Formación e Recursos (CFR), a distribución dos plans é a seguinte
PROVINCIA
Centros con plans de continuidade
Centros con plans novos
CAFI
59
54
CFR da Coruña
85
57
CFR de Ferrol
47
20
CFR de Lugo
59
57
CFR de Ourense
84
47
CFR de Pontevedra
119
47
CFR de Vigo
27
145
Total
480
427
A relación completa de centros seleccionados pode consultarse na resolución, publicada no Portal educativo da Xunta de Galicia.
Tanto durante o proceso de solicitude como ao longo de todo o desenvolvemento do plan (cuxa duración oscila entre dous e catro cursos académicos), os centros reciben o apoio da rede de formación dependente do Consellería, a través dun asesor de formación asignado que guía este proceso e que se encarga de organizar as distintas xornadas de formación e de poñer en contacto os centros cos relatores que lles interesen.
A convocatoria artellouse arredor de 11 liñas de traballo, entre as que se sinalaron como prioritarias as de Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais e de Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial. Ademais destas liñas, os plans de formación poden abordar a planificación estratéxica das linguas no centro, a integración didáctica das TIC, a escola inclusiva e atención á diversidade, a convivencia escolar e clima da aula, a actualización científica e didáctica do profesorado, a mellora da xestión dos centros, a internacionalización dos centros educativos, a biblioteca escolar, as iniciativas formativas no ámbito STEM e a orientación vocacional e profesional.
Neste sentido cómpre sinalar que todos os centros educativos que desenvolven as convocatorias STEM impulsadas pola Xunta (EDixgal, Espazos Maker, STEMbach, Club de Ciencia...) teñen asociados un PFPP que se enmarca dentro da liña Iniciativas formativas no ámbito STEM.
Información xeral Ensinanzas de réxime xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado CentrosRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, francés
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPResolución do 2 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de francés (590010).
Achégase resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoResolución pola que se convoca procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato
Publícase resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (702400) (código de procedemento ED003A)
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 3 de decembro ata o día 17 de decembro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 3 de decembro de 2020.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar, coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
File:
Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (DOG) Resolución do 1 de decembro de 2020 Impreso de autobaremación méritosServizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoSección:
BoletínResolución definitiva dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2020/21
Anuncio principal:
Resolución do 2 de outubro de 2020 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e UniversidadePublícase a listaxe definitiva dos proxectos admitidos en cada programa educativo para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2020/21.
Servizo relacionado:
Plan ProxectaTema:
Plan ProxectaEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeColectivo:
Profesorado CentrosSección:
BoletínA Xunta convoca os Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na FP
Summary:
O obxectivo é potenciar a transferencia de coñecemento entre centros e empresas, así como o fomento do emprendemento Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de convocar os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional. O obxectivo destes galardóns da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na formación profesional, e o fomento do emprendemento.
A dotación orzamentaria dos premios ascende a 800.000 euros. Entre os criterios para escoller os proxectos está o seu carácter innovador, o seu nivel de impacto no contorno produtivo e grao de transferencia á empresa, a súa aplicación práctica á aula e utilidade para outros centros educativos e a súaa capacidade para abrir oportunidades laborais ou a participación activa do alumnado. Terase en conta tamén a colaboración activa doutros centros, empresas ou institucións da contorna.
Así mesmo, valoraranse especialmente os proxectos que favorezan o acceso da muller aos perfís relacionados con profesións STEAM e actividades industriais, así como o acceso dos homes a sectores que contan con escasa representación masculina; e os que fomenten a aparición de novas iniciativas empresariais, especialmente aquelas que sexan susceptibles de pórse en marcha na Rede galega de viveiros de empresa.
ModalidadesA convocatoria estrutúrase en dúas modalidades. Á primeira delas, A, vai dirixida a proxectos de Innovación tecnolóxica ou científica, que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos e que estean orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.
Pola súa banda a modalidade B vai dirixida a proxectos de Innovación Didáctica, que teñan como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. As iniciativas deberán estar orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas, e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, favorecendo o desenvolvemento de entornos virtuais de aprendizaxe. Potenciarán, así mesmo, o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc. Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.
Esta convocatoria enmárcase no impulso da Xunta de Galicia ás iniciativas que vencellen de forma estreita a FP e o tecido socioprodutivo e que favorezan a transferencia da innovación xerada nos centros de Formación Profesional á contorna produtiva, incrementando a competitividade das empresas, algo moi importante no contexto da covid-19.
Información xeral Formación Profesional inicial Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Centros EmpresasRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, fabricación e instalación de carpintería e moble
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPResolución do 1 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de fabricación e instalación de carpintería e moble (591204)
Achégase resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoResolución provisional Clubs de lectura 2020/21
Achégase a Resolución Provisional da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 1 de decembro de 2020, pola que se dá a coñecer a relación de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura, segundo convocatoria de 29 de outubro de 2020, a través da cal se incentiva esta actividade de fomento da lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial para o curso 2020/21.
Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións ou renuncias no seu caso.
Anuncio principal:
Convocatoria de Clubs de Lectura para centros públicos de ensino secundario de Galicia. Curso 2020/21Tema:
Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
CentrosSección:
BoletínRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Anuncio principal:
Apertura das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo PES (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)Resolución do 1 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de procesos de diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos (590117).
Achégase resolución e relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) para o curso 2020/21
Anuncio principal:
Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2020/2021Xúntase a Resolución do 30 de novembro de 2020 pola que se resolve a listaxe definitiva dos Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2020/2021.
Contra esta resolución, que non pon á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no portal educativo da consellería.
Servizo relacionado:
FPROFETema:
Proxectos de Formación Permanente do ProfesoradoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Formación do ProfesoradoColectivo:
Profesorado CentrosSección:
BoletínConcurso de traslados entre persoal do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial
Xúntase a Orde do 13 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre persoal funcionario docente do corpo de mestres, para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.
O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.
File:
Orde do 13 de novembro de 2020 (DOG)Servizo relacionado:
CXTTema:
Concurso de trasladosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínInstrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020-2021 como consecuencia da pandemia da COVID-19
Resolución do 30 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a atención educativa ao alumnado vulnerable ou alumnado con conviventes vulnerables durante o curso 2020-2021 como consecuencia da pandemia da COVID-19.
File:
Resolución do 30 de novembro de 2020 (Proximamente no DOG)Tema:
Información xeralEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Servizo de Coordinación e Planificación da Inspección EducativaColectivo:
Alumnado FamiliasA Xunta amplía en 1.500 prazas a oferta pública de emprego en educación, co que compromete xa un total de 5.000 ata 2022
Summary:
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, compareceu no Parlamento para presentar os orzamentos e liñas de actuación do seu departamento Os orzamentos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para 2021 ascenden a preto de 2700 M€, o segundo máis importante da Xunta, cun incremento do 62% nas partidas inversoras Impulsarase un plan de transformación dixital da educación tanto no referido a equipamentos como nas estratexias docentes e as técnicas pedagóxicas Reforzaranse as transferencias aos centros educativos para facer fronte aos gastos derivados da covid e as axudas para que ninguén quede atrás nesta crise O sistema universitario acada cifras récord de investimento, con 451M€, que blinda o seu financiamento e inclúe unha nova partida de 10M€ para innovación Anuncia a creación dun hub das industrias creativas galegas coa participación do sector, protexendo as estruturas empresariais e o acceso da cidadanía á culturaO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou hoxe unha nova Oferta Pública de Emprego (OPE) no eido educativo de 1.500 prazas que, sumadas ás 3.600 xa convocadas, suman máis de 5.000 prazas xa comprometidas para os anos 2021 e 2022. Así o avanzou hoxe na súa comparecencia na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, onde presentou os orzamentos e liñas de actuación do seu departamento, que nesta lexislatura reunifica ás areas educativas e culturais. “Son os maiores da historia para a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para abordar o urxente e planificar os retos e obxectivos desta década”, salientou.
Os presupostos da Consellería que dirixe Román Rodríguez son os segundos maiores do Goberno autonómico, co preto de 2698M€, un 6,60% máis que o pasado ano, polo que disporá de 167M€ adicionais para as súas políticas públicas cun dobre obxectivo: dar un novo impulso ao ensino galego, referente en calidade e equidade ao longo da última década, e contribuír á reactivación do sector cultural, un dos máis afectados pola pandemia e que contará cun 27,4% máis de fondos como estímulo e apoio. De feito, o apartado inversor é o máis reforzado da Consellería, cunha suba do 62,6%.
“Se a cultura forxa a nosa identidade e ser como país, e nos serve para afirmarnos como unha comunidade histórica, integradora e modelo de convivencia, o ensino repercute no presente, pero sobre todo no futuro, ao dotar aos galegos de mañá de competencias, valores, destrezas e habilidades para ser bos profesionais e boas persoas”, resumiu o representante autonómico na súa exposición no Hórreo.
O apartado de persoal ocupa unhas das principais partidas da Consellería, que neste exercicio aumenta un 5,6% como consecuencia das contratacións derivadas da covid-19 e as necesidades ordinarias. Para dar cumprimento aos principios de estabilidade no emprego, Román Rodríguez explicou que no 2021 celebrarase a OPE convocada no ano 2020, que oferta máis de 3.600 prazas e que tivo que ser adiada pola pandemia. A maiores, avanzou que no primeiro trimestre se aprobará o decreto de oferta de emprego público para o novo ano, que ofertará o número máximo de prazas que permita a normativa básica do Estado, polo que estimou en 1.500 a convocatoria entre a taxa de reposición e a promoción interna, “unha gran oportunidade para a consolidación de plantillas e para integrarse na carreira docente”, con tres convocatorias en dous anos.
Igualmente, garantiu o cumprimento do acordo de homologación salarial asinado cos sindicatos que, como afirmou, permite que as retribucións dos docentes galegos estean por riba de media dos seus compañeiros noutras comunidades autonónomas.
Calidade e igualdade de oportunidadesAs transferencias aos centros educativos para gastos de funcionamento tamén se ven incrementadas debido á necesidade de reforzar as medidas sanitarias. En concreto, contarán cun 31,4% máis de investimento ata os 84M€, máis de 20M€ de subida.
Duplicaranse así mesmo os recursos para mudar os libros do fondo solidario, coa premisa de que ninguén quede atrás, ao igual que as axudas de material escolar (5,5M€), unha partida que non existe noutras comunidades. Suben igualmente as partidas de transporte (+10,7%), clave no rural, ou ás anpas con comedores (+36%).
Para seguir avanzando nun modelo educativo próximo, baseado na igualdade de oportunidades e en valores como o esforzo, a tolerancia, a liberdade ou a inclusión, a Xunta blindará as principais partidas en marcha e desenvolverá novos proxectos que permitan que o ensino “dea o salto de calidade que merece tras unha década na que fomos quen de reducir o abandono escolar á metade e levar ao alumnado galego aos niveis dos mellores de Europa, segundo acreditan os últimos informes PISA.
Ampliación e modernización dos centrosEntre os anuncios realizados, puxo sobre a mesa un ambicioso plan de investimentos en creación, mellora e rehabilitación de centros educativos por importe de 55,4M€ “para que os nosos nenos e nenas medren e aprendan en colexios e institutos acordes aos tempos”, ademais dun plan de adecuación de espazos ao contexto covid de 7M€.
Compatibilizarase a apertura de colexios e institutos coa ampliación, reforma e as actuacións de eficiencia enerxética, ademais de rehabilitación de centros históricos nalgunhas das principais cidades galegas como o IES Valle Inclán de Pontevedra.
Pero é o eido tecnolóxico o que capitaliza boa parte das actuacións previstas por Educación, cun numerosos programas e apostas. Entre eles, un plan de transformación dixital da educación, de 43,5M€, para a posta ao día en dispositivos, equipamentos e infraestruturas e para seguir adaptando os centros ao entorno dixital. Así mesmo, o esforzo inversor en infraestruturas será de 61,4M€ en total, orientado a favorecer que os centros educativos afonden na excelencia, a modernización e a sustentabilidade.
Innovación e Formación ProfesionalProgramas como Edixgal, de dotación para material didáctico, aumentan un 64,5% e mantéñense todos os investimentos que dan cobertura aos proxectos claves en innovación, ensinanza de idiomas, STEM ou formación de profesorado, que con 7,8M€ volve supoñer un récord para investir no activo máis importante”. Para consolidar estas boas prácticas, crearase un Centro para a Investigación e Innovación Educativa que deseñe estratexias docentes e a introdución de novas técnicas pedagóxicas.
Tamén a Formación Profesional sae reforzada dos orzamentos o vindeiro ano, tanto a través de programas de excelencia como do novo Centro Galego de Innovación de Formación Profesional, en Ourense, con 1,7M€. Todo co obxectivo de seguir liderando desde Galicia un ámbito no que na última década se deron avances sobresaíntes.
I+D+i, atracción de talento e taxas conxeladasO sistema universitario tamén vese mellorado nas contas da Xunta de 2021 e acada cifras récord. O orzamento de 451M€ supón un máximo histórico que blindará o seu financiamento coa prórroga do actual plan. Ademais, por décimo ano consecutivo, Galicia volve a conxelar as taxas universitarias en grao e posgrao, o que facilita o acceso ao estudantado e democratiza a posibilidade de realizar estudos superiores. Galicia é así a única Comunidade onde cursar unha carreira costa o mesmo que hai unha década e representa un aforro para as familias de 21M€ anuais. Así mesmo, apoiarase ao alumnado que, por causas sobrevividas derivadas da pandemia, poida ver comprometida economicamente a continuidade da súa formación universitaria.
Román Rodríguez anunciou unha nova partida de 10M€ -a maiores do Plan de Financiamento das Universidades- para a dixitalización e innovación do sistema universitario, co que as transferencias ás universidades chegan aos 86,8M€, unha alza do 13,2%. A isto engádese a suba do crédito asociado a resultados de investigación e transferencia de coñecemento, que medra un 8,8%, e unha mellora do 6,2% (ata 67,8M€) das partidas dedicadas ao fomento da I+D+i e a aposta en marcha dos programadas de retención e atracción de talento consolidado. Tamén o financiamento dos campus de excelencia internacional ou o inicio da acreditación dos campus de especialización do Sistema Universitario Galego.
Apoio decidido á cultura e ao tecido propioA cultura como antídoto fronte á actual situación sanitaria foi outras das propostas da Román Rodríguez, quen comprometeu o reforzo dos fondos para a cultura galega de máis de 20M€ que atenderán todas as frontes, tanto a cultura de base a o acceso a cultura a través dos museos, bibliotecas e arquivos, como o reforzo das industrias creativas, un eido que emprega a 30.000 persoas na Comunidade e cuxo tecido é imprescindible apoiar tras o labor profesional desenvolvido nos últimos anos. A isto sumaranse, ademais, novas partidas para a programación cultural do Xacobeo 2021, procedentes da coordinación coa Vicepresidencia Primeira da Xunta.
Todos os sectores (editorial, audiovisual, música, artes escénicas, plásticas, etc) beneficiaranse das políticas da Xunta, con reforzos en aspectos como a promoción da lectura e do libro, unha nova liña para cines, adquisición pública de obra de arte ou un 27% máis de fondos para asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro e o reforzo das unidades de produción e as redes propias e municipais.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) duplicará o seu orzamento para apoiar as estruturas empresariais máis afectadas pola covid e poñer en marcha iniciativas de reactivación e fortalecemento das puxantes industrias culturais. Isto permitirá impulsar un dos grandes proxectos da lexislatura que anunciou o conselleiro, a creación dun hub das industrias creativas e culturais galegas. “Esta iniciativa, que se financiará a través dos fondos REACT-UE, se desenvolverá en plena colaboración e coa participación do sector cultural galego, establecendo xuntos prioridades co fin -dixo- de potenciar e incrementar a competitividade do noso talento de xeito profesional”.
Igualmente, anuncio os proxectos para apertura de dúas sede do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), actualmente en Santiago, nas cidades de Vigo e Lugo. Do mesmo xeito, finalizarase a Cidade da Cultura, coa culminación do esperado Edificio Fontán, que entrará en funcionamento no propio 2021, incorporando ao Gaias ás universidades e ao Centro de Investigaciones Científicas (CSIC). “Polo tanto, non só se pecha o proxecto construtivo, senón que se consolida como proxecto de vangarda do coñecemento vinculado ás ciencias sociais e o patrimonio cultural”, remarcou.
Compromiso co patrimonio e a linguaO conselleiro detallou tamén as contas alcistas en materia de política lingüística e de protección do patrimonio cultural. No primeiro caso, o orzamento increméntase un 53%, con melloras en campañas de normalización (+11%), programas de promoción (+35,7%), actividades de formación (+77%) ou apoio a empresas editoras para proxectos en lingua galega, que experimentarán un incremento do 50%. Do mesmo xeito, créase unha nova partida de 3,5M€ para reactivación cultural en galego.
Pola súa parte, a conservación e rehabilitación verase reforzada en todos as frontes cun 19% máis de investimento que abrangue bens senlleiros como as catedrais de Lugo, Ourense, Mondoñedo e Tui, xacementos arqueolóxicos, a Ribeira Sacra no ano da súa posible declaración como Patrimonio Mundial ou o Plan PIBC dos Camiños.
Información xeral Consellería de Cultura, Educación e UniversidadeRelación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional na elaboración das listas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de contrabaixo
Anuncio principal:
Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicasResolución do 30 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de contrabaixo (594406).
Achégase resolución, o baremo provisional e a relación provisional de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoResolución provisional dos centros e docentes premiados na convocatoria dos premios educativos Innovagal
Anuncio principal:
Convocados os premios educativos Innovagal para centros e docentes do ensino público da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2020/2021Achégase a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros e docentes premiados conforme o disposto no apartado 10.1 da Resolución do 1 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para o profesorado e os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso escolar 2020/2021.
Tema:
Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
BoletínResolución definitiva de centros admitidos no programa Introdución á robótica educativa en primaria 2020/21
Achégase a Resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.
Anuncio principal:
Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21Tema:
Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación primariaDepartamento:
Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoColectivo:
CentrosSección:
BoletínResolución definitiva de centros admitidos no Club de Ciencia 2020/21
Achégase a Resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21.
Anuncio principal:
Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2020/21Tema:
Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do ProfesoradoColectivo:
CentrosSección:
BoletínRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, instalacións electrotécnicas
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPResolución do 27 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de instalacións electrotécnicas (591206).
Achégase resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoRelación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, equipamentos electrónicos
Anuncio principal:
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES e profesores técnicos FPResolución do 27 de novembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de equipamentos electrónicos (591202).
Achégase resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.
Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
Profesorado- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »