Publicación da resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas
Publícase resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:
- CLAVE (594405)
- CONTRABAIXO (594406)
- PERCUSIÓN (594422)
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
- Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (DOG)
- Resolución do 21 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A)
Resolución provisional admitidos. Percusión
Baremo provisional. Percusión
Relación provisional de persoas excluídas. Percusión
Resolución provisional. Clave
Baremo provisional. Clave
Relación provisional de persoas excluídas. Clave
Resolución provisional. Contrabaixo
Baremo provisional. Contrabaixo
Relación provisional de persoas excluídas. Contrabaixo
Resolución definitiva. Clave
Baremo definitivo. Clave
Relación definitiva de persoas excluídas. Clave
Resolución definitiva. Contrabaixo
Baremo definitivo. Contrabaixo
Relación definitiva de persoas excluídas. Contrabaixo
Resolución definitiva. Percusión
Baremo definitivo. Percusión
Relación definitiva de persoas excluídas. Percusión