Por fin chegou o día da carreira en Carballo, e inda que clima non foi o desexado, o venres 24 disfrutamos moito con esta nova experiencia.
Primeiro foron os nenos de categoría infantil masculina os que correron a distancia de 1200 metros e poideron comprobar o que significa correr unha proba de resistencia. Seguro que na vindeira ocasión cambiamos a estratexia para dosificarnos mellor e chegar todos máis frescos á meta. Pese a todo, todos finalizaron e principalmente pasárono ben.
Máis tarde, foron as nenas de categoría infantil femenina as que correron a distancia de 1000 metros. Fixeron un gran esforzo e tivemos en certos momentos da carreira nenas moi preto da cabeza. O importante é que acabaron contentas trala proba e con ganas de repetir.
Estamos á espera das clasificacións, pero o obxectivo de pasalo ben foi conseguido con creces. Na GALERÍA hai máis fotos.