Skip to Content

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, venres 24 de novembro cumprimos coa planificación que tiñamos programada para tan sinalada conmemoración. A construción entre todos e todas do noso "muro cos lemas contra a violencia de xénero foi unha verdadeira obra de imaxinación e colaboración."

Grazas pola vosa dedicación!!

Aos mestres/as que estiveron toda a mañá coa pistola de silicona para que cada neno e nena pegase o seu ladrillo, mil grazas!

Aos títores e títoras e a todo o alumnado, felicitacións por este traballo tan ben feito. Seguro que todos e todas gardamos algo do que traballamos neste día.

 

 Desfrutade dos traballo!

 

 

 

 

 

 

Orballando novas

A 2ª edición do informativo do tempo, "Orballando novas", achéganos motivo de alegría, "A choiva está aquí".

Un grupo de alumnos/as de 6º prepararon a predición meteorolóxica para a vindeira  fin de semana; despois de terse informado na prensa diaria, tanto en formato papel como dixital, realizaron o guión do programa informativo e rodaron o mesmo. Escoita atentamente, aconsellan que teñas á man as botas e o paraugas.

A gravación do informativo no exterior, da boa conta do vento que xa estamos a padecer.

 

Ben feito rapaces e rapazas!

25 de novembro de 2017: "Día contra a violencia de xénero"

NON É NON “, no meu centro.

O meu centro, espacio libre de agresións sexistas.

Sensibilización, Prevención e Acción.

    “O Muro contra a Violencia de xénero constrúese ladrillo a ladrillo entre todos/as”


Este mes de novembro co gallo  da celebración do Día Internacional contra a Violencia de xénero, o próximo 24 de novembro faremos un acto conmemorativo no cole. A proposta é a seguinte:

 

  • Facer un muro simbólico no patio con ladrillos, feitos con envases de tetrabrik, con lemas en contra da violencia de xénero.

  • Cada neno fai o seu ladrillo. Un envase de tetrabrik forrado cun folio. O folio pode estar decorado libremente.

  • O lema do cole é : “ NON É NON” . Explicámoslle ao alumnado o seu significado e ademais  cada clase inventa o seu propio lema.

  • Traballamos ó longo da semana  a canción “Son muller” do grupo Máis boas cás patacas, formado por  rapazas gañadoras do III Certame musical xuvenil da Deputación da Coruña. A canción reivindica a liberdade da muller fronte aos estereotipos sexistas.

Preme na imaxe para escoitar a canción

mais boas cas patacas

A súa letra ímola traballar como un tipo de texto:

Ligazón á letra da canción

 

Máis información:
https://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Eliminaci%C3%B3n_de_la_Violencia_contra_la_Mujer


Robótica con Tini, nai de Anxo

O xoves 16 de novembro visitounos Tini a nai de Anxo de 5º A.

 

 

Tini e Anxo facendo unha demostración

Tini é mestra de Tecnoloxía no IES de Coruxo, e no seu IES están a traballar a robótica. Con moito entusiasmo despois de pedirlle se nos podía iniciar no mundo da robótica, o xoves 16 de novembro do 2017, veu ao noso colexio cuns compañeiros moi especiais, "os robots". Falou ao alumnado de 5º e 6º da importancia dos robots na nosa vida diaria; de distintos traballos donde intervén a robótica; e, contounos e demostrounos como podemos programar o robot desde o ordenador; como o podemos dirixir dende o noso móbil ou tableta cunha app. Rematamos a sesión facendo prácticas desde o móvil e desde o ipad.

Fascinounos a todos/as os alí presentes, mestres/as alumnos e alumnas.

Moita grazas pola túa presenza e polo entusiasmo demostrado!

 

O alumnado agradeceu a Tini, a través do seu e-mail de xeito individual, a súa presenza.

Esperamos os teñas lido, ata outra!

"Orballando novas"

 

Informativo do tempo: "Orballando novas"

Arrincamos un novo proxecto interdisciplinar que realizaremos nos niveis de 5º e 6º, un informativo semanal do tempo que decidimos bautizar co nome: "Orballando novas". Eliximos ese nome neste momento de seca histórica, para deste xeito, invitar á chuvia, a vir e quedarse uns días connosco.

Cada mércores, facendo coincidir co programa de "Prensa Escola" da Voz de Galicia, estudaremos en profundidade o tempo meteorolóxico pronosticado para a fin de semana. Deste xeito pensando no P.D.I. deste curso "Vivindo san no cole Frian" queremos axudar á Comunidade Educativa a que organicen a súa fin de semana saudablemente dependendo do tempo: un paseíño en bici, unha ruta polo monte, un baño na praia ou actividades a cuberto se o tempo non acompaña.

Con este traballo semanal aproveitaremos para colaborar co Proxecto MeteoEscolas que estreamos este curso; deste xeito uniremos distintos programas, plans, proxectos e departamentos que funcionan no noso colexio.

O traballo será de lectura das novas do tempo na prensa diaria, de búsqueda de información en meteogalicia.gal, de preparación de guións dos distintos programas, de traballo de fotografía para os distintos escenarios, de produción e realización do mesmo, etc. Para realizar todo este traballo contaremos co soporte técnico dos nosos ipads con distintas aplicacións e o noso interese. Empregaremos música e imaxes propias ou de dominio público.

Prestade moita atención e ata a vindeira semana!

Este programa podédelo seguir no Espazo Proxecta, na columna dereita desta páxina ou premendo no enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut