Propuxémosvos fai uns días que, en familia, adornásedes un "Roscón de Reis", doce caseiro tradicional ao estilo navideño; obxectivo cumprido, botade unha ollade virtualmente e se podedes visitade os corredores, merece a pena.
Xa está aquí o Nadal e os nenos/as de infantil aproveitan a ocasión para gozar das recomendacións lectoras para estas festas que nos ofrece a nosa biblioteca.
Lembrades que o primeiro día que subimos á biblioteca este curso, Frianciño propúxonos formar o Club dos Supersaudables no cole. Repartiunos a cada clase un calendario de merendas saudables e para cada alumno e alumna o seu propio pasaporte saudable.
Pasaron dous meses dende aquel día e seguro que o noso mouchiño está moi contento porque este Club está funcionando xenial!
A Comisión Saudable, formada por profes e os alumnos de sexto, encárgase cada mes de recoller os calendarios de merendas de todas as clases do cole. Calculan as porcentaxes dos alumnos e alumnas que traen todos os días merendas saudables, evitando deste xeito a bollería industrial. Unha vez cotexados os resultados, todas as clases que superan o 75% de merendas saudables ó mes teñen premio seguro.
No mes de outubro comezou a funcionar a Comisión Saudable, pero aínda estaba a iniciarse nas súas funcións. Valoraron os resultados e o premio que concederon foi dez minutos máis de recreo para as clases que conseguiron a cuota prevista.
Neste mes de novembro foron perfeccionando o seu traballo e o premio que otorgaron foi extraordinario.
No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que o mes de novembro foi un mes supersaudable no cole Frian.
GRAZAS PROFE ÁNGELA POLA SESIÓN DE BAILE
E GRAZAS A TODOS E TODAS POR SER TAN SUPERSAUDABLES!