Skip to Content

6ª edición "Orballando novas"

Xa está aquí a 6ª edición do informativo meteorolóxico do cole Frian.

Empezamos un novo ano, e o inverno,  está a despregar as súas características máis notables.

Os alumnos e alumnas de 6ºA, como cada mércores, repasaron as novas máis importantes do xornal e da prensa dixital. Elaboraron o guión do programa e fixeron unha breve predición para o fin de semana . Os termómetros non deixan de baixar e provocaron imaxes tan espectaculares como as que van a presentar.

Prestade moita atención ao primer “Orballando novas” do 2018.

 

Bo traballo rapaces e rapazas!

LÁCTEOS NA ESCOLA

Dentro do programa Aliméntate Ben  "lácteos na escola" o alumnado de Infantil e Primaria do noso centro participará na desgustación de leite durante os meses de Xaneiro e Febreiro fomentando así dende a Comunidade Educativa o consumo de lácteos.

lácteos na escola

AUDIOCONTO " XA ME GUSTA O NADAL"

 

 

 

O alumnado de Educación Infantil de 4 e 5 anos elaborarón en equipo un audioconto sobre o Nadal, cuns personaxes moi especiais da nosa literatura infantil en galego, onde a gastronomía de Nadal ten un papel importante no conto.

O alumnado de 3 anos tamén colaborou coas voces das personaxes.

Gozade desta historia e non vos esquezades de ler nestas vacacións !!!

 

 

Os nosos mellores desexos

 

 

 

A Comunidade Educativa do C.E.I.P. Frian-Teis deséxavos unhas Felices e Saudables Festas!

 

Nova edición de "Orballando novas"

Para rematar o trimestre publicamos a 5ª Edición do informativo do tempo "Orballando novas".

Nesta ocasión un grupo de alumnos/as de 5º B viaxan como corresponsais a lugares de interese nestas datas; seguíndolle o rastro a Papa Nöel, os Reis Magos e o Apalpador.

Prestade moita atención ao avance do tempo meteorolóxico para este Nadal.

 

Dende "Orballando Novas"...Felices festas a todos e todas!

Distribuir contido


by Dr. Radut